Fórum de emprendemento transfronteirizo para a mocidade

11 Set 2015

IPDJ (Instituto Português do Desporto e da Juventude) no marco do  proxecto Emprende convoca o Fórum mozo de emprendemento  transfronteirizo, aprobado ao abeiro do Programa de Cooperación Transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal 2007-2013 (POCTEP). O proxecto Emprende ten por obxectivo a creación de empresas e o fomento do emprego, especialmente para a xuventude, a través de actividades estratéxicas que dinamicen os servizos da Eurorrexión e a convertan nun lugar atractivo para a actividade económica e os investimentos.

Colaboran neste proxecto a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, o Instituto Português do Desporto e da Juventude, a Confederación Empresarios de Galicia, a Federación Nacional de Asociaciones Juveniles de Portugal e a Fundación Galicia Europa.

No marco desta colaboración  resérvanse 8 prazas para a mocidade galega interesada en participar.

Obxectivos do Fórum:

-Reunir a mocidade, asociacións xuvenís, mozos empresarios e empresas, para en conxunto reflexionar sobre as novas actitudes e comportamentos nunha lóxica emprendedora en resposta aos novos desafíos dunha sociedade competitiva e global.

- Dotar a mocidade de coñecementos e ferramentas para a creación do propio negocio

-Identificar oportunidades de negocios na zona transfronteiriza de Tras-os-Montes e Galiza

-Promover e divulgar proxectos innovadores da mocidade emprendedora da rexión

-Fomentar o contacto entre as persoas novas e empresarios de diversos ramos de actividade

-Contactar coa realidade empresarial da zona transfronteiriza de Tras-os-Montes e Galiza

-Estreitar lazos tranfronteirizos.

Destinatarios: Mocidade galega con idade igual ou inferior a 35 anos.

Datas e lugar do fórum:  22 e 23 de setembro de 2015

-Local NERBA-Associaçao Empresarial – Bragança

A organización cubre  o aloxamento e manutención das persoas participantes. O desprazamento desde Galicia será por conta de cada unha das persoas interesadas.

Prazo de inscrición: Ata o día 17 de setembro.

Os/as participantes serán seleccionados/as por orden de inscrición e recibirán un correo de confirmación no suposto de ser seleccionado/a para participar.

Para mais información: galeuropa@xunta.es

Teléfono  981 545 937

PROGRAMA

INSCRICIÓN