No DOG do 29 de xullo publicanse os cambios no currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato nos centros docentes de Galicia.
Materias que cursarás no primeiro curso da educación secundaria obrigatoria:
a) Dentro do bloque de materias troncais:
1º. Bioloxía e Xeoloxía.
2º. Xeografía e Historia.
3º. Lingua Castelá e Literatura.
4º. Matemáticas.
5º. Primeira Lingua Estranxeira.
b) Dentro do bloque de materias específicas:
1º. Educación Física.
2º. Relixión, ou Valores Éticos, segundo a elección do pai, da nai, do/da titor/a legal ou, de ser o caso, do alumno ou a alumna.
3º. Segunda Lingua Estranxeira.
4º. Educación Plástica, Visual e Audiovisual.
c) Dentro do bloque de materias de libre configuración autonómica:
1º. Lingua Galega e Literatura.
O horario establecido como de libre configuración do centro, en función da oferta formativa establecida polos centros docentes, poderá destinarse a:
a) Afondamento e/ou reforzo dalgunha materia.
b) Materia de libre configuración autonómica.
c) Materia de libre configuración do centro.
Materias que cursarás no terceiro curso da educación secundaria obrigatoria
a) Dentro do bloque de materias troncais:
1º. Bioloxía e Xeoloxía.
2º. Física e Química.
3º. Xeografía e Historia.
4º. Lingua Castelá e Literatura.
5º. Primeira Lingua Estranxeira.
6º. Matemáticas Orientadas ás Ensinanzas Académicas ou Matemáticas Orientadas ás Ensinanzas Aplicadas, segundo elección do pai, da nai, do/da titor/a legal ou, de ser o caso, do alumno ou da alumna.
b) Dentro do bloque de materias específicas:
1º. Educación Física.
2º. Relixión ou Valores Éticos, segundo elección do pai, da nai, do/da titor/a legal ou, de ser o caso, do alumno ou da alumna.
3º. Música.
4º. Tecnoloxía.
5º. Educación Plástica, Visual e Audiovisual.
6º. Unha materia a elixir entre Segunda Lingua Estranxeira e Cultura Clásica.
c) Dentro do bloque de materias de libre configuración autonómica:
1º. Lingua Galega e Literatura.
Programas de mellora da aprendizaxe e do rendemento
1. Os programas de mellora da aprendizaxe e do rendemento forman parte das medidas extraordinarias de atención á diversidade e teñen por finalidade facilitar que os alumnos e as alumnas, mediante unha metodoloxía específica e unha organización de contidos e materias do currículo diferente á establecida con carácter xeral, alcance as competencias do primeiro ciclo da educación secundaria obrigatoria, poidan cursar o cuarto curso pola vía ordinaria e obteñan o título de graduado en educación secundaria obrigatoria.
2. Poderá incorporarse aos programas de mellora da aprendizaxe e do rendemento, en terceiro curso de educación secundaria obrigatoria no curso 2015/16, o alumnado que presente dificultades relevantes de aprendizaxe e que se atope nalgunha das seguintes situacións:
a) Ter cursado segundo curso de educación secundaria obrigatoria, ter repetido algunha vez en calquera das etapas e non estar en condicións de ter promoción a terceiro curso de educación secundaria obrigatoria.
b) Con carácter excepcional, para o alumnado que ten cursado terceiro curso de educación secundaria obrigatoria e non está en condicións de ter promoción ao cuarto curso. Neste caso poderán incorporarse a un programa de mellora da aprendizaxe e do rendemento para repetir curso.
Materias que cursarás no primeiro curso de bacharelato
a) Catro materias xerais do bloque de materias troncais.
b) Dúas materias de entre as materias troncais de opción.
c) Lingua Galega e Literatura.
d) Educación Física.
e) Un mínimo de dúas e un máximo de tres materias de entre as materias específicas de elección.
O horario establecido como de libre configuración do centro, en función da oferta formativa establecida polos centros docentes, poderá destinarse a:
a) Afondamento e/ou reforzo dalgunha materia.
b) Materia de libre configuración autonómica.
c) Materia de libre configuración do centro.
Máis datos no DOG do 29 de xullo de 2015