A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia organiza dentro do marco da Eurocidade Chaves-Verín unhas xornadas sobre o programa europeo Eramus+, financiados polo proxecto EUROCIDADE II aprobado ao abeiro do Programa de cooperación transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal 2007-2013 (POCTEP), na que son socios a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia, o Instituto Português do Desporto e Juventude, o Concello de Verín e a Câmara Municipal de Chaves.
Obxectivos.- Dar a coñecer as posibilidades do programa europeo de mobilidade Erasmus+, un programa que pretende mellorar o nivel de competencias e de capacidades básicas dos mozos e mozas, así como potenciar a dimensión internacional destes a través da participación en proxectos. Mediante a colaboración e participación nun obxectivo común axudará a que moitos mozos e mozas se sintan máis capacitados para tomar decisións, para interactuar e para mirar e crear oportunidades de traballos.
O programa europeo Erasmus+, o novo programa da Unión Europea para a educación, a formación, a mocidade e o deporte, con vixencia 2014 – 2020 ten entre os seus obxectivos específicos: mellorar o nivel de aptitudes e competencias dos mozos e mozas; promover a participación na vida democrática en Europa e no mercado de traballo; a cidadanía activa; o diálogo intercultural; a inclusión social e a solidariedade; posibilitar ás persoas que traballan no ámbito da xuventude e aos mozos e mozas maiores oportunidades de mobilidade por motivos de aprendizaxe; potenciar a dimensión internacional das actividades xuvenís e o papel dos traballadores e organizacións no eido da xuventude como estruturas de apoio aos mozos e mozas. O programa fomenta a mobilidade dentro e fora dos límites da Unión Europea, a aprendizaxe non formal e o diálogo intercultural e tamén apoia a empregabilidade e a inclusión de todos os mozos e mozas independentemente do contexto social, educativo ou cultural ao que pertenzan
Lugar de impartición.- Oficina da Eurocidade Chaves-Verín, antigo Posto Fronteirizo sito en Feces de Abaixo.
Habilitación dun correo electrónico para atendemento diario das dúbidas dos participantes.
Indice de contidos
24 de xullo, aula 1(teórica):
9:30-12:00/12:30-15:00- Introdución ao programa Erasmus+
1-Antecedente e evolución dos programas xuvenís.
2-Destinatarios e requisitos. Filosofía do Programa.
3-Accións do Programa nas áreas de Educación e Deporte.
4- Organismos de información, asesoramento e tramitación.
12:00-12:30- Café con… Manuel Araújo, técnico da OMIX de Ribadavia.
31 de xullo, aula 2 (teórico-práctica)
9:30-12:00/12:30-15:00- Erasmus+ Xuventude
5-Accións xuvenís: K1, K2 e K3. Que son, para que son, en que consisten.
6-Crear un proxecto:
-Saber que queremos e saber que podemos.
-Como viabilizar un proxecto.
-Oportunidades que ofrece o Programa e adecuación aos nosos intereses.
12:00-12:30- Café con… integrante do CDR O Viso (Sarreaus). Entidade participando actualmente en proxectos de Erasmus+.
7 de agosto, aula 3 (práctica)
9:30-12:00/12:30-15:00- Como participar.
7-Do papel á acción e volta ao papel:
-Explicar as nosas ideas coa axuda dun formulario.
-Materializar o noso proxecto: previr a loxística.
-Compartir os nosos logros: divulgación e xustificación.
12:00-12:30- Café con… técnico do IPJ (a confirmar).
Buzón telemático de dúbidas:
Dispoñible do 24 de xullo a 31 de agosto de 2015.
Total: 20 horas (16h 30’ presenciais, 3h 30’ non presenciais)
Destinatarios/as: mozos e mozas con idades comprendidas entre 18 e 35 anos residentes na Eurorrexión Galicia- Norte de Portugal, con preferencia os residentes na Eurocidade.
Selección: por orde de inscrición
Número de prazas: 25, grupo mínimo para realizar o curso 8 persoas
Prazo de inscrición.- Ata o mércores 22 de xullo
Os seleccionados comunicáraselle a súa admisión por correo electrónico.
Máis información: galeuropa@xunta.es