Programa definitivo
A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado organiza unha xornada informativa sobre a próxima convocatoria do programa de mobilidade trasnacional xuvenil Galeuropa, un programa de axudas para a realización de prácticas formativas non remuneradas en entidades/empresas público ou privadas de países europeos.
A finalidade do programa é reforzar a empregabilidade e as competencias profesioanais dos mozos/as contribuíndo á mellora da súa formación mediante a adquisición de experiencia profesional para a súa incorporación ao mercado de traballo, ao tempo que se apoia a adquisición de competencias en idiomas estranxeiros.
Esta iniciativa enmárcase dentro do Programa Operativo de Emprego Xuvenil cofinanciado pola Iniciativa Europea de Emprego Xuvenil e o Fondo Social Europeo.
Data: 20 de abril de 2015
Lugar: Salón de Actos. Centro de Novas Tecnoloxías. R/ Airas Nunes, s/n. Conxo - Santiago de Compostela
Destinatarios:
- Mozos e mozas maiores de 16 e menores de 25 anos
- Membros de entidades sen ánimo de lucro que desenvolvan actividades no eido da xuventude
- Técnicos/as de xuventude e de emprego de Concellos da Comunidade Autónoma de Galicia
- Representantes de empresas interesadas na internacionalización
- Interesados/as en xeral en proxectos de mobilidade
Programa definitivo:
10:45-11:00 h Chegada dos participantes
11:00-11:15 h Inauguración da xornada por Dª Beatriz Mato Otero, conselleira de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia
11:15-12:15 h. A convocatoria coordinada de mobilidade trasnacional xuvenil. Orixe, finalidade, características, socios.
Relatoras: Bettina Reuter e Mechthid Jürgen do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais de Alemaña
12:15–12:30 h. Internacionalización do mercado.
Relator: Juan Feijoo Casanova, responsable de programas de internacionalización. Area de internacionalización “Galicia@World”. Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) da Xunta de Galicia.
12:30–12:45h. Pausa café
12:45- 13:15 h. O programa de mobilidade trasnacional xuvenil (Galeuropa) en Galicia. Obxecto, características, destinatarios.
Relatora: Yolanda Otero Balsa, subdirectora xeral de Promoción de Actividades da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia
13:15-13:45 h. Panel de experiencias en proxectos de mobilidade trasnacional
Relator: Guillermo Vergara, vicepresidente da Fundación Paideia Galicia
13:45-14:00 h. Quenda de preguntas
14:00 h. Fin da xornada
Inscricións: Do 9 ao 17 de abril ás 12:00 h mediante envío de formulario electrónico.
FORMULARIO DE INSCRICIÓN