Interásanos a túa opinión!!! Participa na elaboración da nova Lei de transparencia e bo goberno

11 Feb 2015

A Xunta de Galicia está a elaborar unha nova lei de transparencia e bo goberno. Interésanos a súa opinión ao obxecto de acadar una lei o máis consensuada posible tendo en conta as súas 
achegas.

É por iso que poñemos á súa disposición este espazo para que, ata o vindeiro 4 de marzo, formule as propostas e suxestións a incluír na futura lei de transparencia.

Unha vez que ese texto sexa elaborado, será sometido novamente á súa participación. No seguinte enlace podes acceder ao formulario de participación:

http://cpapx.xunta.es/formulario-de-participacion-cidada