España e Australia firmaron un acordo para establecer un Programa de Mobilidade para a mocidadade de ambos os dous países.
A finalidade da viaxe dos participantes no Programa poderá ser turística ou de adquisición dunha experiencia persoal ou profesional.
O Goberno de Australia expedirá anualmente ata 500 visados de entrada múltiple temporais a cidadáns do Reino de España.
Requisitos para a mocidade de España:
Ser cidadán do Reino de España.
Viaxar por motivos turísticos ou de adquisición dunha experiencia persoal ou profesional.
Ter entre 18 e 30 anos de idade.
Non estar acompañado de nenos ao seu cargo.
Estar en posesión dun pasaporte español.
Estar en posesión dun billete de volta, ou dispoñer de fondos abondo para compralo.
Dispoñer de fondos para a súa manutención durante o período proposto de estanza en Australia.
Aboar a taxa de solicitude de visado estipulada.
Dispoñer dun seguro médico que cubra supostos de hospitalización durante toda a súa estanza en Australia.
Cumprir cos requisitos en materia de saúde e antecedentes penais impostos por Australia.
Non ter participado no Programa con anterioridade.
Posuír un nivel de inglés funcional.
Máis información no BOE do 19 de setembro de 2014