No marco do proxecto Imagina Atlantica realizouse unha peza audiovisual multidisciplinar, unha videocreación na que converxen distintas disciplinas artísticas, apoiándose nos traballos de xóvenes artistas e creadores, concretamente en varios traballos gañadores do certame Xuventude Crea 2012.
Un formato no que teñen cabida o teatro, a poesía e a banda deseñada, interactuando en directo coa música; a práctica audiovisual das novas tecnoloxías aplicadas ao mundo da imaxe e o son, todo enmarcado na zona antiga da cidade de Santiago.
Un produto cultural e artístico para promocionar o patrimonio de Galicia; e que resalta a imaxe atlántica e a idiosincrasia do Espazo Atlántico.
Nesta ligazón tendes o acceso á peza audiovisual : http://youtu.be/FVXjy1R3AiQ