A Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia, FEAFES Galicia, precisa voluntarios que queiran colaborar coa entidade nas cidades de Vigo, Lugo e A Coruña.
Buscan persoas de todas as idades que sexan dinámicas e sociables, preferiblemente cunha formación académica no campo social, aínda que non é un requisito imprescindible.
Algunhas das funcións que poden realizar os voluntarios de FEAFES Galicia son dinamizar e acompañar a persoas con enfermidade mental nas actividades de ocio e tempo libre organizadas para eles, acompañalos na realización de determinadas xestións, apoialos na busca de emprego e colaborar en xornadas e actos de sensibilización.
Estas tarefas de voluntariado requiren compromiso e unha dedicación de entre 4 e 16 horas mensuais, fundamentalmente en horario de fin de semana, adaptables en todo caso á dispoñibilidade e intereses de cada voluntario.
Para máis información, podes consultar a web de FEAFES Galicia www.feafesgalicia.org.
As persoas interesadas, poden poñerse en contacto e enviar o seu Currículo Vitae a través dos seguintes contactos:
SANTIAGO: zulema@feafesgalicia.org (981 554 395)
CORUÑA: intermediacioncoruna@feafesgalicia.org (981 228 135)
LUGO: intermediacionlugo@feafesgalicia.org (982 254 452)