Proxecto CEUS. Camiñando cara unha Europa sostible

13 Dec 2013
O proxecto CEUS - Camiñando cara unha Europa sostible – levado a cabo pola asociación Acción Ambiental, é una iniciativa xuvenil enmarcada dentro do programa Xuventude en Acción da Unión Europea.
Este proxecto foi aprobado e financiado no mes de febreiro de este ano pola Axencia Nacional do programa Xuventude en Acción da que forma parte a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntarido.
O proxecto comezou coa realización de tres charlas participativas, que tiveron como temática principal a evolución da educación ambiental en Europa, e o Servizo de Voluntariado Europeo. A primera delas, celebrada o día 12 de xuño estivo orientada hacia persoas formadas no ámbito medioambiental. A segunda, foi o día 17 de xunio e orientada hacia persoas formadas no ámbito da educación e da integración social. Por último, a terceira charla o día 19 de xuño tratouse dun grupo aberto para todas as persoas que quixeron asistir e non encaixaban en ningún dos perfiles das charlas anteriores.

A segunda parte del proyecto consistiu na realización de duas actividades de voluntariado no "Puzo do Lago" en Maside. (Ourense), tratase dun humedal de unha hectárea xerado debido á explotación mineira, e que estivo catalogado como ENIL (espacio natural de interés local).

Cada grupo de voluntariado estivo conformado por 15 personas e fixeronse dúas intervencións, unha durante os días 12 e 13 de xullo e outra durante os días 19 e 20 de xullo. En cada unha das intervencións realizaronse distintas actividades orientadas á educación ambiental e á mellora da calidade ambiental do hábitat: seguimiento de fauna mediante fototrampeo, desbroce selectivo, restauración e implantación de dúas charcas, creación dun muro de soleo/refuxio para reptiles, recollida de basura, construcción e implantación de caixas/niño, reparación de danos causados por malas labores de mantemento forestal.

Finalmente levaronse a cabo varias Visitas guiadas ao humedal "Puzo do Lago" para poñer de manifiesto a importancia dos humedales como ecosistemas ricos en biodiversidade e todos os beneficios asociados a estas zonas.
A finalidade última do proxecto era crear unha infraestructura física no Puzo do Lago coa instalación de paneis interpretativos con información relativa a fauna, flora, historia e orixe do humedal, e crear e dinamizar itinerarios de sendeirismo.

As iniciativas xuvenís son proxectos que proporcionan aos mozos e mozas a oportunidade de participar directa e activamente na planificación e implementación de proxectos ideados e executados por eles mesmos. Contribúen a mellorar os seus coñecementos e capacidades e aportan habilidades e experiencias moi útiles para a súa integración na vida laboral, profisional ou educativa.

O programa Xuventude en Acción que remata o 31 de decembro de 2013 vai ter continuidade no novo programa “Erasmus+” que seguirá apostando pola educación non formal dos mozos e mozas a través do financiamento de proxectos que contribúan a mellorar as súas capacidades e sobre todo a mobilidade dos mozos e mozas por motivos de aprendizaxe.

Pódese átopar máis información sobre Erasmus+ nos seguintes enlaces:

http://www.juventudenaccion.injuve.es/modules/news/news_0185.html
http://ec.europa.eu/programmes/erasmus-plus/