A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar desenvolverá este programa durante o mes de novembro.
Descrición da actividade:
Escola Emprende pretende ser unha aproximación ó eido do emprendemento para mozos e mozas configurada a modo de experiencia piloto. Consiste na realización de obradoiros nas localidades de Mos, Ourense e Vigo cunha previsión mínima de participación de cincuenta pre-emprendedores/as por xornada. A idade das persoas participantes comprenderá entre os dezaoito e os trinta anos. A actividade realizarase en horario de mañá cunha duración aproximadada de 4 horas.
A quen vai dirixido:
Estudantes de IES e ciclos formativos, estudantes universitarios, asociacións empresariais, mozos e mozas da zona.
Obxectivos da actividade:
-
Crear un espazo de traballo onde mozos e mozas con inquedanzas de emprendemento poidan dispor dunha titorización personalizada.
-
Resolver dúbidas e estereotipos relacionados co emprendemento.
-
Fomentar o emprendemento entre os mozos e as mozas como estratexia de emprego.
Metodoloxía da actividade (como o faremos?)
A primeira hora estará dedicada a ofrecer unha breve explicación dos pasos a dar no nacemento dun proxecto de emprendemento, dende que xurde por primeira vez a idea ata que chega a poñerse en práctica de maneira efectiva.
As dúas horas e media seguintes serán de traballo práctico en grupo, creando dous grupos de traballo que estarán guiados cada un deles por:
- 1 persoa experta en emprendemento.
- 2 coach.
Realizarase un exercicio práctico de posta en marcha dunha idea emprendedora a converter en empresa mediante a tormenta de ideas e a dramatización.
Durante a última media hora, os dous grupos volverán a reunirse e realizarán unha pequena sesión de conclusións, principais dificultades atopadas, achegas e preguntas.
Entrega de enquisa de satisfacción coa actividade ao alumnado asistente.
Temporalización da actividade:
- 15 de novembro de 2013
- Lugar: Colexio Fogar Novacaixagalicia, rúa Filipinas, 6- 36204 Vigo.
- Horario: de 09.30 a 14.00 h
- Prazas: 100
- 21 de novembro de 2013
- Lugar: Residencia Xuvenil Universitaria Florentino López Cuevillas, rúa Arturo Pérez Serantes, 2 - 32005 Ourense.
- Horario: de 16.30 a 20.30 h
- Prazas: 60
- 27 de novembro de 2013
- Lugar: Concello de Mos, rúa Rexenxo 1, Petelos – 36416 Mos ( Pontevedra)
- Horario: 09.30 a 14.00 h
- Prazas: 60
Proxecto Emprende
Esta iniciativa enmárcase no proxecto Emprende, actividade 3 (Formación para emprendedores xuvenís, acción 2 Cursos de formación presenciais), financiado polo programa de cooperación transfronteiriza Galicia – Norte de Portugal (POCTEP), que ten como obxectivo principal fomentar a creación de empresas, de emprego e autoemprego para mozos e mozas, promovendo actividades que convertan o espazo de cooperación transfronteirizo nun marco atractivo para novas actividades económicas e empresariais.
Colaboran neste proxecto a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, o Instituto Português da Juventude, a Confederación Empresarios de Galicia, a Federación Nacional de Asociaciones Juveniles de Portugal e a Fundación Galicia Europa.
A finalidade deste foro é potenciar o emprendemento poñendo de manifesto as ferramentas e accións para desenvolver todo o potencial das iniciativas e dos proxectos emprendedores galegos e portugueses. Preténdese establecer lazos fortes entre emprendedores de ambos dous territorios e cubrir as necesidades, descubrir as oportunidades e intercambiar experiencias e coñecemento.
Máis información: