VIH proba rápida no fluído oral

25 Set 2013
Esta iniciativa  desenvólvese en poucas cidades de Galicia, dado que para formar parte do proxecto requísese que o servizo conte con experiencia demostrada de máis de cinco anos en programas de prevención de VIH, contar con infraestrutura, os medios materiais e o persoal especializado.

 Neste sentido,  os centros Quérote +, como centros especializados en diferentes temáticas que tocan de maneira máis directa ou indirecta o VIH (como pode ser a educación sexual e a convivencia), céntranse en promover:

 -          Unha información científica actualizada sobre o VIH.

-          O diagnóstico precoz, coa realización da proba de detección en fluído oral (proba rápida do VIH).

-          Unha educación sexual desde a diversidade.

-          A idea de que a presenza do VIH non lle retira ás persoas a capacidade de sentir, de desexar, de buscar e recibir sensacións que lle xeneran benestar e pracer.

 Os centros Quérote + cumpren con todos os protocolos esixidos pola Consellería de Sanidade para levar a cabo a proba rápida no fluído oral , sempre dun xeito anónimo,  confidencial e de balde.

 Que é a proba rápida do VIH no fluído oral?

 É unha proba que detecta a presenza de anticorpos fronte ao virus da inmunodeficiencia humana (VIH) que e a causante do sida. A proba rápida faise cunha mostra de fluído oral.

 Onde podo informarme para facer a proba rápida do VIH no fluído oral?

Entre outros, nos centros Quérote + das seguintes localidades:

 -          Santiago de Compostela:

 Praza do Matadoiro, s/n.

Tel. 881997613

 -          Lugo:

 Complexo Xuvenil Lug

Rúa Pintor Corredoira, 4

Tel. 982241732

 -          Ourense

 Espazo Xove de Ourense

Rúa Celso Emilio Ferreiro, 27

Tel. 988231470

 -          Vigo

 Rúa Ferrería, 41

Tel. 986220717

 -          Ferrol

 Rúa Santa Comba, 61

Tel. 981317027

 -          A Coruña

 Praza de Ourense, 7 – 8, 1º esquerda

Tel. 981223913

 MAIS INFORMACIÓN