Desconto en Disney co Carné Xove

04 Xan 2023

Disneyland París ofrece desconto aos usuarios con Carné Xove nos diferentes tipos de entradas dispoñibles (tarifa Eco, Low, Medium, Medium Plus, Regular ou Peak).

 

Toda a información sobre as opcións de desconto, así como sobre a compra de entradas, pódese consultar na seguinte páxina web: https://cartejeunes.fr/disneyland-paris/

 

Para poder comprar as entradas, as persoas usuarias do Carné Xove non francesas que xa teñan conta no sitio web deberán, simplemente, acceder á súa conta coas súas credenciais e engadir ao carriño as entradas. Se o usuario non está rexistrado na web, basta con que envíe un email a info@cartejeunes.fr co asunto "rexistro na web", xuntando unha foto do seu carné xove, ou ben indicando Nome, Apelidos e o nº EYCA, e recibirán un correo de volta coas credenciais. (Importante: Cando un usuario do carné teña a tarxeta de modalidade financeira, por favor, teña coidado e tape o nº da tarxeta por seguridade).

 

A compra das entradas faise na seguinte ligazón: https://cartejeunes.fr/categorie-produit/parc-dattractions/. Para poder realizar a compra é necesario rexistrarse antes na páxina web (punto anterior).

 

As entradas enviaranse por email nun prazo máximo de 24h laborables desde a compra. Unha vez adquiridas, os responsables do Carné Xove francés poñeranse en contacto co usuario para confirmar o día no que quere visitar o parque e facilitar o rexistro de visita.

 

Pódense adquirir tantas entradas como se queira, pero sempre irán a nome do usuario con Carné Xove. É importante ter en conta que unha vez adquirida a entrada cunhatarifa determinada, esta non se poderá trocar por outra de tarifa diferente. Si está permitido o troco dun billete da mesma tarifa para outra data. Ao longo do ano, as tarifas poden ir variando segundo a afluencia de visitas ao recinto.

 

Para calquera outro tipo de dúbida, as persoas usuarias sempre poden contactar co servizo de atención ao cliente de Disneyland Paris: https://www.disneylandparis.com/fr-fr/my-disneyland/contactez-nous/