O grupo Foto-Col.es desenvolveu durante os últimos meses o Proxecto Foto-Roteiro en Lousame. Esta iniciativa ofreceulle á mocidade de Lousame e concellos limítrofes a posibilidade de participar en actividades nas que a natureza e o arte fotográfico foron protagonistas.
Foto-Roteiros en Lousame comezou a súa andanza no mes de agosto levando a cabo unha importante e ampla campaña publicitaria para darlle a coñecer á mocidade da comarca a nosa proposta.
A actividade que inaugurou o proxecto foi un Obradoiro fotográfico. Durante catro sesións todos os mozos e mozas que estiveron interesados, participaron nun Obradoiro gratuíto no cal da man do profesional Victor Pichero, puideron aprender os usos básicos da cámara fotográfica, técnicas de toma de fotografías e tamén consultar dúbidas personalizadas sobre as súas cámaras. Esta foi unha actividade con un alto índice de participación, cerca de oitenta mozos e mozas participaron activamente no Obradoiro.
A segunda actividade levada a cabo, tivo lugar o Roteiro Fotográfico Brandia- San Xusto. A finalidade deste Roteiro foi que a mocidade participante coñecese a riqueza paisaxística e monumental de Lousame, empregando as súas cámaras para poder captar as mellores imaxes da zona. Para elo, organizouse un Roteiro pola ruta de Sendeirismo Brandia –San Xusto, onde puideron visitar os restos da Industría Papeleira de Lousame, os Muíños de Brandia, as Fervenzas de San Xusto e Mosteiro de Toxosoutos , entre outros. As persoas participante retrataron ó longo do Roteiro todos aqueles aspectos que forón do seu interese; Moitas das persoas participantes nesta actividade xa estiverán na anterior polo que puideron poñer en práctica o aprendido no Obradoiro Fotográfico.
Rastreo Fotográfico Minas de San Finx: esta actividade foi dirixida á mocidade máis nova, mozos e mozas de 12 a 17 anos, que participaron nun xogo de Rastreo Fotográfico afincado no complexo Mineiro da Minas de San Finx de Lousame. Os/as mozos e mozas divertíronse buscando polo entorno mineiro e polo museo as diferentes fotografías a modo de pistas,e retratando coas súas cámaras as imaxes de cada pista. Foi unha xornada moi amena e onde a mocidade disfrutou da fotografía xogando en equipo. Ademais ofreceuse a posibilidade de que as persoas acompañantes puidesen visitar o museo cunha guía turística. Finalmente o equipo que primeiro conseguiu retratar todas as fotos das pistas, foi agasallado cun premio que incluía o revelado dunha fotografía propio de cada integrante a tamaño póster .
Concurso Fotográfico: organizouse un concurso fotográfico vinculado a actividade Roteiro Fotográfico Brandia- San Xusto. As persoas que participaran neste roteiro, podían seleccionar dúas fotografías das sacadas ó longo da ruta e presentalas ó concurso. Este estaba estruturado en dúas modalidades: unha primeira onde un xurado profesional escolleu as tres mellores fotos de todas as presentadas, asignándolles o 1º,2º e 3º premio, e tamén escolleron 5 fotos máis que pasaron a segunda parte do concurso; nesta segunda fase as fotos foron colgadas no facebook de Fotoroteiro en Lousame, onde os/as internautas foron os que escolleron o 4º e 5º premio. Foi unha actividade con moita participación tanto na modalidade do Concurso como de colaboración por parte da comunidade virtual das redes sociais. Os gañadores foron obsequiados con Packs vacacionais de estancias rurais e balneario.
Exposición Fotográfica Itinerante: todas as fotografías que se presentaron ó Concurso Fotográfico, fotos gañadoras e tamén todas as restantes, así como aquelas máis orixinais e bonitas do Rastreo das Minas de San Finx, elaboramos unha exposición Fotográfica na Sala de Exposicións da Casa da Cultura de Lousame; unha Exposición composta por 45 fotografías que mostran fermosas paisaxes de Lousame en dous espazos diferenciados, un contexto natural e outro industrial, e que da man do arte fotográfico da mocidade permiten amosar a toda a comunidade de Lousame e arredores a riqueza cultural e natural do noso Concello. Ademais esta exposición, que se inaugurou na Casa da Cultura de Lousame, foise movendo por aqueles locais sociais do Concello que o solicitaron , coa finalidade de que todos os veciños e veciñas poidan admirar as fotografías .