O grupo informal "Ribadumia Xove" co obxectivo de promover un proxecto de ocio e lecer educativo para a xuventude en contacto co patrimonio natural, artístico e cultural do concello de Ribadumia e dos seus arredores a través de actividades deportivas e educativas, desenvolveu o seu proxecto de iniciativa xove durante os días 15 e 16 de Setembro.
Durante a fin de semana de actividades participaron entorno os 100 xóvenes, chegados de diferentes puntos da provincia de Pontevedra. Os xóvenes disfrutaron das seguintes actividades:
Ruta de sendeirisismo pola Ruta da Pedra e da auga e polas marxes do Río Umia, unha senda acondicionada que transcorre polo lado do río donde os participantes puderon observar a cultura da auga dos nosos antepasados cos muiños restaurados e dunhas fermosas paisaxes en contacto coa natureza donde a auga e a pedra son os protagonistas.
Fixemos unha visita guiada o xacemento arqueolóxico do Monte do Castro (Besomaño-Ribadumia), este é un poboado fortificado da Idade de Ferro. Polos restos documentados pode dicirse que este lugar estivo habitado entre os séculos IV a. C. e I d. C. A parte do xacemento os participantes tiveron ocasión de estar en contacto con réplicas de achados encontrados nas excavacións e facer simulacións de caza prehistórica.
Outra das actividades destacadas foi a baixada do Rio Umia en Kayak, foi unha ruta de uns de 10 Km. de augas tranquilas, e adentrándonos no mar con vistas a Illa da Toxa, Illa de San Saturnino, bancos de marisqueo e chegada o porto mariñeiro de Cambados donde nos recolleron ata o punto de partida.
Aproveitando as maravillosas rutas BTT que temos polos Salnés, organizamos unha ruta BTT donde os participantes recorreron en bici estas sendas que transcorren entre ríos, montañas e camiños, donde puderon estar en contacto coa natureza e de disfrutar de paisaxes únicas.