Enjoy Galicia é unha iniciativa xove promovida pola Asociación Cultural Ingalicia para o fomento do turismo xuvenil de Galicia en Europa e para a participación dos/as mozos/as galegos/as na promoción do seu territorio no estranxeiro.
A iniciativa constaba de dúas fases: unha primeira onde se organizou un concurso de vídeos sobre os mellores rincóns de Galicia. Os vídeos foron feitos polos mesmos mozos/as participantes na iniciativa e o gañador foi o vídeo de Alberto Bustos de Betanzos.
A segunda fase era de promoción de Galicia no mercadiño de Amsterdam, grazas á documentación recibida polos diferentes centros de información turística.
Contouse tamén co apoio do Centro de hispanofalantes de Amsterdam no relativo á loxística e organización dunha degustación de produtos típicos de Galicia e de Holanda na sede do mesmo centro.
A iniciativa foi todo un éxito de participación e de consenso entre a poboación holandesa.
Podedes encontrar o vídeo aqui:http://www.youtube.com/watch?v=0zdZg0UVHfk&feature=plcp