A Escola de Organización Industrial e Fundación Generation Spain co cofinanciamento do Fondo Social Europeo a través do Programa Operativo de Emprego Xuvenil, ofertan un programa formativo gratuíto, enfocado ao emprego, no que se dotará aos participantes das habilidades técnicas e profesionais necesarias para incorporarse a un equipo de automatización de procesos.
En que consiste RPA?
É un sistema de automatización de procesos, tecnoloxía de rápido crecemento que permite ás empresas implementar sistemas de software intelixentes ou ¨robots¨ de software, que imitan as accións dos usuarios humanos. Pódese instaurar nunha ampla gama de industrias, nas que as persoas realizan tarefas repetitivas de gran volúmen, liberando a estas para que poidan realizar tarefas de maior valor.
Duración: 10 Semanas.
Formato: Presencial Virtual co profesor en directo. Clases de luns a venres. Horario de mañá 9.00 – 15.00 e titorías individuais e grupais algunhas tardes. Data de inicio o 30 Xaneiro 2023.
Requisitos
Ter entre 18 e 29 anos
Ser beneficiario do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil
Titulación mínima recomendada: FP superior ou universidade
Dispoñer de equipo informático con micrófono-altofalante incorporado e boa conexión a internet, recomendable con cámara para as sesións en liña
Finalizada esta formación farase entrega dun diploma: Robotic Process Automation