Xornadas Ata onde queres chegar? Fai realidade a túa idea

xornadasataondequereschegarA Asociación Club Emprende M.A.S (Mocidade Activa e Sinerxias) é unha asociación que surxe dun grupo de estudiantes da Aula de Jóvenes Emprendedores da Cátedra Bancaja (USC). A súa misión a enuncian do seguinte xeito: “Construir unha comunidade de xoves que promovan unha cultura de emprendemento basada en valores, orientada á excelencia e á sostenibilidade, a través dunha rede de apoio que atenda as súas inquedanzas con profesionalidade, calidade humana, e comprometida do desenvolvemento da persona

No marco das axudas Iniciativa Xove da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado levaron a cabo as Xornadas Ata onde queres chegar? Fai realidade a túa idea.

A temática abordada no proxecto foi a do emprendemento como factor clave para o desenvolvemento.

Con este proxecto se tratou de incentivar entre a mocidade a cultura emprendedora, promover relacións entre os universitarios de distintos ámbitos, favorecer o traspaso de coñecementos entre profesionais, titulados e estudantes para acadar unha autosuperación colectiva, crear unha rede permanente de mozos e mozas preocupados polo seu propio desenvolvemento económico e persoal para o intercambio de ideas e apoios, etc.

En qué consistíu o proxecto: Realización de distintos brain coffees onde os mozos participantes se sumerxen na realidade do mundo empresarial da man dunha persoa con experiencia nun ámbito concreto do emprendemento. Se trata de adquirir coñecementos da man da experiencia dunha persoa salientable no ámbito de que se trate. As temáticas abordadas son tres: a calidade, a comunicación e o marketing.

Hai tamén unha parte de formación práctica a través de breves seminarios sobre:

  • Xestión de proxectos (calidade na xestión de proxectos)
  • Comunicación e protocolo empresarial
  • Marketing e ventas

Como actividade complementaria está a realización de videoconferencias a través do skype coa presenza virtual de profesores ou empresarios doutros países (international meeting).

Outdoor training coa colaboración dun especialista en coaching (actividades prácticas para fomentar a innovación dos participantes e trasladar valores como o traballo en equipo, a colaboración, respeto, apoio...).

Como colofón houbo unha xornada con todos os participantes dos distintos talleres que engloba a iniciativa a modo de acto de clausura e como espazo de interrelación persoal e de xeración de sinerxias.

Dende o inicio das xornadas fomentouse a participación dos asistentes a través da rede. Para elo creouse o blog http://www.ataondequereschegar.es/ e xeráronse grupos nas redes sociais. Así os participantes tiveron oportunidade de compartir as súas inquedanzas, e subir o material que consideraron interesante para o resto do equipo.