Teujob

07 Dec 2022

A Fundación Empresa-Universidad Galega (FEUGA) lanza Teujob, o portal galego de emprego para persoas tituladas universitarias e de formación profesional.

Trátase dun novo servizo que pretende facilitar a incorporación ao mercado de traballo da mocidade poñendo en contacto a aspirantes e empresas que buscan persoal cunha formación específica. O portal arrinca con preto de 1.000 candidatos que penduraron cadanseus perfís neste servizo ao que se pode acceder de forma sinxela a través da dirección https://www.teujob.es

Teujob facilita aos aspirantes dar visibilidade ao seu currículo. Para iso só terán que rexistrarse e incluír o seu perfil profesional que será visíbel para as empresas que buscan persoal. O novo servizo que pon en marcha a fundación facilita ademais unha mellor resposta ás necesidades dun mercado de traballo cambiante que demanda novos perfís profesionais, favorecendo así unha mellor interconexión entre a formación e as necesidades das empresas.

A Fundación xa ten a disposición de estudantes e persoas tituladas universitarias e de formación profesional, un portal de prácticas formativas que lles permite complementar a súa aprendizaxe en empresas galegas dunha forma práctica e en contacto directo coa entorna laboral: https://www.becasfeuga.es/