O proxecto R.P.M. ( recicla – participa – multiplica ), nace da inquedanza dun grupo de monitores/as e directores/as de actividades de tempo libre que creen na importancia dunha reflexión acerca da labor que se desenvolve nestas actividades, polo que crearon un grupo informal que responde ao nome de monitorado ativo.
Trátase dunha iniciativa na cal se traballaron aspectos relacionados co eido do tempo libre a e a labor dos/as profesionais que interveñen nel. Levouse a cabo por medio dunha convivencia en formato de campamento para abordar en primeira persoa as temáticas plantexadas.
Neste campamento creouse un espazo de comunicación para o intercambio de experiencias e recursos no cal se foron realizando diferentes actividades como fío condutor para abordar as diferentes temáticas. Ao mesmo tempo, fomentouse a implicación dos/as participantes de xeito activo, converténdose nos/as propios/as protagonistas e testadores/as das actividades propostas, acompañándoas en todo momento da respectiva reflexión e conclusións enriquecedoras.
A actividade desenvolveuse no Albergue Xuvenil Municipal “Vicente Agulló” de Mouriscade (Lalín), os días 7, 8 e 9 de setembro, aínda que se fixeron actividades na zona para unha maior interacción comunitaria, dando a coñecer e poñendo en valor os recursos da zona.
Nesta proposta de traballo colectivo puxéronse en común experiencias, debatéronse aspectos clave da intervención e aprendéronse estratexias para mellorar a nos práctica profesional.