No Concello de Curtis tivo lugar CurtiSon, un encontro de grupos de música con variedade de actividades e actuacións musicais de grupos locais pola tarde e pola noite, onde actuou o grupo Poncho K e para rematar a xornada houbo unha actuación dun DJ.
Este encontro foi promovido pola Asociación Xuvenil Fusquenlla e contou co apoio do Programa Iniciativa Xove da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e do Concello de Curtis.