Como punto de partida do noso proxecto queremos presentar unha realidade que se repite ano tras ano e por diferentes causas e intereses: os incendios forestais Pretendemos achegarnos dende o ámbito artístico ao que se denomina unha acción sobre a natureza, reflexada en pequenos puntos do entorno urbano, como no caso dos parques nas cidades; os cales son zonas verdes e naturais no medio do ruído e a ornamentación. A partir deste significado que se nos achega, concorremos en crear una acción sobre o medio natural potenciándoo e aportando un significado, volvendo o metafórico e metafísico ao linguaxe físico e xestual.
“Choiva de Bágoas” recolle unhas xornadas sensibilizadas co medio ambiente e centradas en facer una crítica construtiva que sirva para que os/as alumnos/as de diversos Centros recapaciten sobre a problemática dos incendios.
Actividade realizada foi:
1.Presentación da proposta e desenrolo dunha actividade introdutoria. Exposición explicativa por parte dun axente forestal. Reparto de cadernos para que os rapaces tomen notas e ilustren os seus pensamentos e reparto de bágoas de resina nas que os mozos poñerán de manifesto os seus sentimentos e inquietudes acerca do tema. Actividade
2. Acción in situ en diferentes parques de Ourense. As bágoas serán penduradas das árbores. Estas dúas actividades lévanse a cabo en tres Centros da provincia de Ourense. Finalmente toda a documentación gráfica é recollida nunha exposición no Espazo Xove (Ourense)
Máis información:
- http://www.choivadebagoas.com.es/
- http://www.crtvg.es/informativos/celebramos-o-dia-do-habitat-coa-choiva-de-bagoas-dos-rapaces-de-oira-ourense-430768#.UGsaDZike8A
- Tempo de lecer: http://www.tempodelecerourense.com/eventos/consultar/1532
- Aula da natureza (Oira): http://auladanaturezadoriominho.blogspot.com.es/2012/09/choiva-de-bagoas.html
- Vou axenda: http://www.vouaxenda.com/musica-ourense/details/2040-choiva-de-bagoas