Un grupo de estudantes de enxeñería e arquitectura da Universidade da Coruña promoveron un concurso de deseño para a construción de marquesiñas de autobús no marco do programa Iniciativa Xove da Consellería de Traballo e Benestar. O obxectivo do certame foi o deseño dun tipo de marquesiña accesible, cunha imaxe actual e de vangarda que utilice materiais de construción respetuosos co medio ambiente.
O gañador do certame foi o proxecto ‘Materiais Nobres, Espazos Permeables”, de Diego Quintas. O segundo premio foi para o deseño ‘Dualidade Estructural’ de Óscar Rodríguez e o terceiro foi para o proxecto ‘Cubículo Urbano de María Montenegro. O xurado estivo composto por profesores das facultades de Arquitectura e Enxeñería.
Más información sobre el proyecto: http://www.concursoperspectivaurbana.blogspot.com.es