Orzán Revive

Coruña é unha cidade que respira arte e cultura de punta a punta. Quíxose unir a artistas emerxentes para promover a arte e que toda a cidade poida vivilo, compartilo e aprender xuntos.

ORZAN REVIVE, é unha posta en marcha dunha serie de actividades, partindo de que é un dos barrios con maior potencial artístico da cidade, queremos que o Orzan cambie as súas rúas grises e semiabandoadas por outras con cor e radiantes.

CONCERTOS: na praza de Pontevedra a partir das 17 horas do día 29 de setembro onde actuarán Burbon Queen, Coyote Express, Segunda Mano, Insolvents, Trazos, Denuncia de vecino, Cabo Norte Skuad, Ruta 77, Ruen Moinelo, Jacobo Paz, .., entre outros.

TALLERES.Realizaranse talleres e exposicións artísticas na Praza Cormelana, na Praza do Africano e Praza da Vista, de 12 a 20 horas do día 20 de setembro.

MERCADIÑO: de 12 a 20 h con postos de bixutería, repostería, roupa e artesanía.

Máis información

Páxina web: http://www.orzanrevive.es/

facebook: https://www.facebook.com/OrzanRevive