Novo Museo do Videoxogo de Galicia: MUVI

31 Ago 2022

A Fundación Museo do Videoxogo de Galicia vén de anunciar a apertura dun novo Museo do Videoxogo (MUVI) en Cangas do Morrazo o vindeiro sábado 10 de setembro. O acto de inaguración contará coas intervencións da Fundación MUVI, a Secretaría Xeral de Políticas Culturais dá Xunta de Galicia; a Presidencia de Videoxogo.gal e a Concelleira de Cultura do Concello de Cangas.

Trátase dun espazo completamente novo, sete veces máis grande que o anterior, que conta con coleccións renovadas e con representantes de tódalas tipoloxías de sistemas que conforman a historia do videoxogo. Desde máquinas recreativas, pasando por videoconsolas, portátiles e dispositivos bidireccionales, ata unha selección dos títulos máis influentes da historia do medio. Un lugar con decenas de pezas para tocar, experimentar e xogar.

O MUVI manterá a súa entrada semanal de balde e redobrará o seu compromiso coa industria de Galicia, contando agora con zonas exclusivas de preservación e divulgación especificamente dedicadas. Espazos galegos nos que se conserva e expón de xeito interactivo o patrimonio cultural galego do sector, o seu corpus artístico, o total dos videoxogos comerciais dos últimos 25 anos e documentación sobre os autores, centros de ensino, entidades preservadoras e tódalas as asociacións e empresas que dalgún xeito forman parte dela.

 

Páxina web MUVI

info@muvi.gal

Facebook

Tel.: 651 66 27 45