A Xunta fomenta o deporte e o lecer activo no minicampamento 'Aventura en Paradanta', en Covelo

29 Ago 2022

A directora xeral de Mocidade, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, visitou os participantes nesta actividade enmarcada dentro da campaña 'O verán que queres contar'
Esta é a terceira e última quenda da iniciativa, que inclúe distintas visitas pola zona nas que participan  20 mozos galegos de entre 10 e 14 anos.


Estes minicampamentos Coñece Galicia permiten a estancia durante cinco días nun establecemento turístico da zona e unha completa programación de actividades. Así, os participantes, visitan lugares próximos como a localidade portuguesa de Monção, o río Xabriña ou un lagar de cera, e gozan de tardes de xogos na área recreativa da Canuda e de deportes como rafting no Miño, pádel surf ou tiro con arco.


Durante o seu encontro con estes mozos e mozas, Cristina Pichel puxo en valor a variada oferta da campaña de verán da Xunta de Galicia. Ademais, destacou que todas as actividades desta campaña permiten a adquisición de coñecementos e fortalecen as habilidades dos mozos en distintos ámbitos como o das relacións sociais.