Curso de vela adaptada 2022 (actualizados horarios)

26 Ago 2022

logos vela adaptada

O curso de Vela adaptada é unha actuación da Xunta de Galicia co financiamento do Ministerio de Igualdade, en desenvolvemento do Plan Corresponsables. Esta acción formativa adaptada que porá en marcha A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e COGAMI, terá como finalidade apoiar e mellorar as capacidades e habilidades da persoas mozas con discapacidade.

Esta iniciativa formativa teórica e práctica vinculada ao mundo mariño ten como obxectivos:

- Apoiar o desenvolvemento persoal dos mozos e mozas en xeral e dos mozos e mozas con discapacidade en particular; fomentar as súas capacidades e potenciar a autonomía e potencialidades.

- Fomentar a participación das persoas mozas con discapacidade na sociedade.

- Apoiar o proceso formativo da xuventude ofrecendo ferramentas para a adquisición de coñecementos para a formulación e desenvolvemento de proxectos que contemplen a globalidade da persoa con  discapacidade e estimulen a súa autonomía.

- Sensibilizar sobre o papel activo que as persoas con discapacidade poden desempeñar na sociedade poñendo énfase nas súas capacidades e habilidades.

- Traballar con persoas con discapacidade aproveitando o traballo en equipo para que os participantes descubran as súas propias habilidades cara a súa inclusión.

Persoas destinatarias:

Persoas residentes en Galicia con discapacidade igual ou superior a un 33%, preferentemente maiores de 12 anos.

Datas:

5 e 6 de setembro.

Logo de confirmar a dispoñibilidade dos participantes inscritos e as condicións meteorolóxicas, as saídas aprazadas realizaranse mañá XOVES 8, e o próximo LUNS 12, en horario de 11 a 14h.

Prazas:

12 persoas (6 cada xornada).

Lugar de realización:

Ría de Muxía (A Coruña).

As persoas participantes deberá incorporarse á actividade na Mariña de Muxía, no porto de Muxía, R/Marina nº7 15124 Muxía. Os gastos de desprazamento ata o lugar de inicio da actividade correrán a cargo de cada persoa participante.

Actividades:

Bautismo de mar.

Formación teórica e práctica sobre conceptos básicos de vela.

Datas de inscrición:

Ata o 2 de setembro de 2022 ás 12h.

Inscrición:

Mediante formulario de inscrición.

Admisión:

Por rigorosa orde de inscrición.

As persoas seleccionadas recibirán un correo electrónico de confirmación da praza. Unha vez finalizado o prazo de inscrición, de non recibir comunicación antes do 2 de setembro ás 12:00 h, entenderase que non se obtivo praza.

MÁIS INFORMACIÓN:

lecer@cogami.gal

xuventude@xunta.gal