A Fundación Paideia organiza un novo seminario informativo para explicar en que consiste o programa de Voluntario Europeo, un proxecto de voluntariado enmarcado dentro do Corpo Europeo de Solidaridade. As persoas asistentes poderán plantexar preguntas e aclarar dúbidas.
O Voluntariado Europeo é un proxecto internacional de voluntariado financiado pola UE e pertencente ao programa Erasmus+, que permite á mocidade entre 18 e 30 anos realizar un programa de voluntariado nunha organización ou institución de Europa por un periodo de longa duración (entre 6 e 12 meses).
Este seminario está dirixido ao público en xeral, levarase a cabo o día 22 de Setembro de 2022 ás 16:30 horas, na Sede Fundación Paideia (Praza de María Pita, 17, 15001, A Coruña)
Inscrición previa en https://www.paideia.es/voluntariado-europeo/#formulario_sve (prazas limitadas).
Máis información
Fundación Paideia, Praza de María Pita, 17 (15001 - A Coruña)
https://www.facebook.com/VoluntariadoEuropeoPaideia
www.paideia.es/voluntariado-europeo
correo-e: evs@paideia.es
Tel.: 981 223 927