Xornadas Galicia Gamer

05 Nov 2021
Nos Espazos Xoves de Vilagarcía, Betanzos e Lalín vaise desenvolver o Galicia Gamer.
 
Trátase dun programa de actividades sobre videoxogos. En cada xornada, á mañá haberá charlas presenciais e virtuais con creadores e creadoras de videoxogos galegos. Ás tardes montaranse estacións de xogo onde se levarán a cabo campionatos de pequeno formato abertos ao público para participar. As finais destes campionatos serán emitidas en directo a última hora da tarde. nas que haberá charlas e eventos competitivos. 
 
O calendario do Galicia Gamer é o que segue: 
 
  • martes 23 de novembro: Espazo Xove de Vilagarcía. Xogarase ao Fifa21.
  • xoves 25 de novembro: Espazo Xove de Betanzos. Xogarase a Dragon Ball ZFighters e Rocket League.
  • venres 26 de novembro: Espazo Xove de Lalín. Xogarase a Smash Bros, Fifa21 e Age of Empires 2.
*Tamén haberá alguna estación de xogo para xogar sen competición.
 
O evento está dirixido a mozos e mozas de entre 14 e 30 anos. Calquera persoa que participe nos eventos competitivos terá que asinar alí mesmo unha autorización de dereitos de imaxe (polos eventos emitidos por streaming). Para máis información podes escribir a volvemosaprimeraproducciones@gmail.com
Inscrición
No caso das charlas pódese asistir sen avisar (ata completar aforo). No caso dos eventos competitivos convén avisar por correo electrónico a volvemosaprimeraproducciones@gmail.com, indicando idade e nome completo. No caso de non avisar, só se poderá acceder ao evento se o aforo non está completo.