Correspondentes Xuvenís 3.0

30 Set 2021

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado convoca un curso máis o programa Correspondentes Xuvenís 3.0 

Correspondentes xuvenís 3.0 pretende contar cunha "antena informativa" en cada centro educativo. Será alumnado que se responsabilice de recoller a información que se lles envíe desde a Dirección Xeral de Xuventude, Espazo Xove ou OMIX do seu concello e de difundila entre o resto do alumnado do centro, contando co apoio do persoal do Servizo de Información Xuvenil e co profesorado participante no programa. Correspondentes STICKERS altavoz redes

Os/as correspondentes terán as seguintes funcións:
1. Difundir a información que reciban a través dos medios ao seu alcance: taboleiro informativo, redes sociais, grupos de wahtsapp, web do IES...
2. Manter actualizado e ordenado o taboleiro informativo do centro.
3. Remitir a Xuventude información do seu centro que poida ser de interese para correspondentes doutros puntos de Galicia.

Este curso pretendemos que cada equipo de Correspondentes Xuvenís conte cunha rede social para a difusión da información. Ademais, contaremos cun foro onde poderán intervir todos/as os/as correspondentes e profesorado participantes para compartir información e ideas. Así mesmo, participarán no foro todas as OMIX e Espazos xoves que colaboren no programa.

correspondentes3.0

Beneficios para os/as correspondentes:
Poderán participar nos Encontros de Correspondentes Xuvenís que se organicen no albergue xuvenil de Gandarío. (A realización de encontros estará condicionada pola evolución da covid-19).
Recoñeceráselles a súa particapción cun Certificado de experiencias: Educación non formal en materia de Xuventude.

Beneficios para o profesorado colaborador:
O profesorado que participe a través do Plan Proxecta recibirá unha certificación da Consellería de Educación.

O programa Correspondentes Xuvenís pode solicitarse de dúas formas:
1. A través do Plan Proxecta da Consellería de Educación, ata o 24 de setembro de 2021.
2. Directamente coa Dirección Xeral de Xuventude, a través do Centro Coordinador de información xuvenil, ata o 30 de outubro de 2021FORMULARIO DE SOLICITUDE 

Enviar o formulario a informacion.xuventude@xunta.gal

Máis información no teléfono 881 997 606 e en http://www.edu.xunta.gal/portal/node/9626