Parlamento Xove ponse en marcha

09 Feb 2021

Parlamento Xove inicia a súa 12ª edición en versión en liña cunha participación de máis de 200 mozas e mozos galegos
A iniciativa conta coa inscrición de 53 equipos nas categorías de ESO, Bacharelato e Universidade

A conselleira de Política Social, Fabiola García, e a Directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntarido, Cristina Pichel, anunciaronlle aos participantes, que están a realizar unha formación previa ao torneo, as datas previstas para as fases clasificatorias das categorías de ESO e Bacharelato.

Os 23 equipos de secundaria celebrarán a fase inicial o 6 de marzo, os 22 de Bacharelato debaterán o 13 do mesmo mes, e os 8 equipos universitarios entran de forma directa na fase final, cuxa data está por determinar

A pregunta desta edición é: Debería un Estado establecer como obrigatoria a vacinación entre a súa poboación?

Fases finais:  A Xunta de Galicia valorará, segundo a evolución da pandemia sanitaria, a posibilidade de que as finais se celebren de xeito presencial no Parlamento de Galicia. Se as circunstancias sanitarias o impiden utilizarase de novo a vía telemática, como xa se fixo o ano pasado.

http://xuventude.xunta.es/parlamento-xove