A Xunta de Galicia galardoa o talento musical da mocidade galega na fase final de Xuventude Crea. A terraza da Fundación SGAE, emprazada no parque de Vista Alegre de Santiago de Compostela, foi o escenario no que as seis candidaturas deron a coñecer as pezas musicais finalistas.
Nesta especialidade de Xuventude Crea presentáronse un total de 26 solicitudes nas que están involucrados 50 mozas e mozos entre grupos e solistas, o dobre que na edición do ano pasado. Finalmente, foron tres grupos e tres solistas os que chegaron á última fase.
Os/as premiados/as
1º premio:
- Amorodo (Arbo), cos temas “Estilo amorodo” e “Quero”
- Battosai (Ames), cos temas “Cuánto tiempo” e “Deixa xa de molestar”
2º premio:
- Burgas Vandal (A Coruña), cos temas “Inimigo” e “Te echo de menos”
- Mundo Prestigio (Vigo), cos temas “Mundo nuno” e “Quen quere falar”
3º premio:
- Sara Sístole (A Coruña), cos temas “Lume”e “Deberíamos matarnos”
- Panic Light (Vigo), cos temas “As que nunca calaron” e “Burn it higher”
O primeiro premio ten unha dotación de 3000 euros, 1500 euros o segundo premio e 1000 euros o terceiro premio.