Día internacional da xuventude

12 Ago 2020

O 12 de agosto conmemórase o Día internacional da xuventude. A Xunta de Galicia quere celebralo animando á poboación moza a participar nun novo concurso a través das redes sociais. En total sortéanse 10 packs con libros ou material escolar (valorados en 30 euros cada un) e merchandising de Xuventude.

Poden participar os mozos e mozas residentes en Galicia seguindo estas pautas e requisitos:

  • Ser seguidor de @xuventudegalicia en Facebook ou Instagram.
  • Ter entre 14 e 30 anos.
  • Mencionar nos comentarios da publicación lanzada por Xuventude en Facebook e Instagram, desde o día 12 ata o 13 de agosto, á persoa ou persoas ás que tamén lles gustaría gañar este pack. Só serán válidos aqueles comentarios que fagan referencia mediante a etiquetaxe (con @nome) a unha persoa cun perfil válido na mesma rede social.

Esta promoción estará vixente desde as 16:00 horas do día 12 de agosto de 2020 ata as 23:59 horas do día 13 de agosto de 2020. Así mesmo, as persoas gañadoras daranse a coñecer o vindeiro 14 de agosto.

As bases pódense consultar no seguinte enlace: BASES