Inicio Iniciativa Xove
Iniciativa Xove PDF Imprimir

Qué é Iniciativa Xove?

É un programa da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado que consiste nunha liña de axudas pensada para que vós, os mozos e mozas, poidades desenvolver ideas que, transformadas en proxectos e iniciativas de interese, poidan reverter na mocidade actual e na nosa sociedade.

Poderedes participar de dous xeitos: a través de grupos informais de mozos/as ou ben dende as asociacións xuvenís e entidades legalmente constituídas.

As actividades serán planificadas e desenvolvidas por vós mesmos/as, fomentando sempre  a participación, a axeitada utilización do lecer, a calidade de vida e o benestar, a través dos proxectos integrais e específicos de actuación que propoñades.

Premendo aquí podedes ver un video elaborado con proxectos realizados grazas a Iniciativa Xove

Quen pode solicitar estas axudas?

  • Os grupos informais de mozos e mozas  que queirades desenvolver un proxecto de iniciativa xuvenil e que reunades os requisitos indicados na orde da convocatoria. O grupo terá que estar formado por un mínimo de 5 e un máximo de 8 mozas ou mozos con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos no momento de presentar a solicitude e ademais deberedes de estar empadroados nalgún dos municipios pertencentes á Comunidade Autónoma de Galicia.
  • As asociacións xuvenís e as entidades que lle presten servizos á mocidade que carezan de interese de lucro, e as súas respectivas federacións, sempre que, no caso destas últimas, o proxecto que presenten non sexa o mesmo que o de cada unha das asociacións/entidades que as conforman. Será necesario que esteades inscritas no censo oficial da dirección xeral.

Como se poden solicitar?

  • Cubrir e entregar o anexo I, e engadir a documentación necesaria que se indica na orde (artigo 8).
  • Presentar a documentación preferentemente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia no enderezo: https://sede.xunta.es co procedemento BS306B. Alternativamente, tamén se poderá entregar en papel nun rexistro oficial ou correos.
  • O prazo de presentación será dun mes a partir do día  seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
  • A non presentación do proxecto no devandito prazo constituirá un defecto non subsanable e comportará a inadmisión a trámite da solicitude.

Onde podo informarme?


Na Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, no teléfono 981 544 866 ou no enderezo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

 

Iniciativa Xove 2016


Convocatorias anteriores:


Ano 2015

Ano 2014

Ano 2013

Ano 2012

Ano 2011

Ano 2010

 

 

Ir atrás    Ir arriba