Plan de Xuventude de Galicia 2018-2020


WORLD CAFÉ

 

 

world cafe 2018

 

A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado está a piques de rematar a elaboración do novo Plan estratéxico de xuventude de Galicia 2018-2020. Este Plan establecerá o marco de actuación plurianual nas políticas de xuventude na nosa comunidade autónoma.

Queremos que o proceso de elaboración do Plan sexa o máis participativo posible e para iso invitamos a todas as persoas e institucións interesadas a participar nunha conversa conxunta. Invitámosvos a un World Café.

A quen se convida a un café?
Calquera axente que se sinta implicado na elaboración do novo Plan Estratéxico de Xuventude de Galicia, e nomeadamente:

  • Todos os mozos e mozas galegas.
  • Membros de asociacións xuvenís.
  • Persoas de entidades prestadoras de servizos á xuventude.
  • Persoas de Entidades de acción voluntaria.
  • Persoas de Escolas de Tempo Libre.
  • Persoas informadoras e Técnicas xuvenís,
  • Alcaldes e Alcaldesas e/ou Concelleiros e Concelleiras de xuventude.

 

Que queremos conseguir?

Queremos que os distintos axentes implicados poidan realizar a súa contribución dialogada e conxunta ao borrador de Plan estratéxico de xuventude de Galicia 2018-2020.

 

Cando e onde vai ser?

  • Na CORUÑA, o venres 13 de abril de 16.30 a 19.30, (Albergue Xuvenil de Gandarío, rúa Cornide, 20, Bergondo).

  • En LUGO o sábado 14 de abril de 10.30 a 13.30 (Salón de Actos da Residencia Xuvenil LUG I, rúa Pintor Corredoira, 2, Lugo).

  • En OURENSE o sábado 14 de abril de 10.30 a 13.30 (Espazo Xove de Ourense, rúa Celso Emilio Ferreiro, 27).

  • En VIGO o sábado 21 de abril de 10.30 a 13.30 (Residencia Xuvenil Altamar, rúa Cesáreo González, 4).

 

Onde me apunto?

Apúntate aquí (ata 3 días antes do world café elixido): formulario

Non deixes de invitar a participar a quen queiras! Lembra que todas as persoas participantes teñen que apuntarse neste enlace.
Vémonos!

 

Que é un world café?

Nas conversas de café falamos do que para nós é importante. Facémolo dende a confidencia, dende a intimidade, dende o coidado, dende a seguridade...
O World Café é unha dinámica que propicia que un número grande de persoas, como 80 ou máis, poidan ter distintas conversas de "café" sobre temas que consideran importantes.
Nesta ocasión ofrecémosche falar sobre o enfoque e liñas principais de traballo da DXXPV para os vindeiros anos. Levamos meses traballando nelo e queremos contrastar contigo como o ves.
Todos temos poder: poder de falar e poder de escoitar. Todas as persoas temos capacidade para influír e para recibir influencias. Pensando xuntas, identificamos novas conexións entre as ideas. Ocórresenos cousas novas.
Invitámosche a que achegues as túas ideas e experiencias libremente. Invitámosche a que escoites para comprender, para conectar ideas.
Xoga! Fai garabatos! Debuxa!
Anímate e apúntate!