INFORMACIÓN BÁSICA SOBRE A PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS
RESPONSABLE DO TRATAMENTO
Xunta de Galicia. Consellería de Política Social e Xuventude.
FINALIDADES DO TRATAMENTO
Tramitar a solicitude de un Punto de Información Xuvenil xestionado pola Consellería de Política Social e Xuventude nos centros de ensino, e levar a cabo as actuacións administrativas que se deriven e informar sobre o estado de tramitación. Así mesmo, os datos persoais incluiranse na Carpeta cidadá de cada persoa interesada para facilitar o acceso á información, tanto persoal como de carácter administrativo.
LEXITIMIZACIÓN PARA O TRATAMENTO
O cumprimento dunha misión realizada en interese público ou no exercicio de poderes públicos derivada dunha competencia legalmente atribuída ao responsable do tratamento, así como o cumprimento de obrigas legais impostas ao dito responsable (artigos 6.1., letras c) e e) do RXPD e 8 da Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoaise garantía dos dereitos dixitais). En concreto, a competencia e obrigas previstas nos preceptos básicos da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, así como na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas, na Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, ena Lei 4/2019, do 17 de xullo, de Administración Dixital de Galicia. Consentimento das persoas interesadas, cando corresponda.
DESTINATARIOS DOS DATOS
As Administracións públicas no exercicio das súas competencias.
EXERCICIO DOS DEREITOS
As persoas interesadas poderán solicitar o acceso, rectificación, limitación e supresión dos seus datos, ou retirar, de ser o caso, o consentimento outorgado, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, segundo se recolle enhttps://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos
CONTACTO COA PERSOA DELEGADA DE PROTECCIÓN DE DATOS E MÁIS INFORMACIÓN
https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos