Proxecto “Catalizador de oportunidades de emprego e emprendemento xove transfronteirizo” (acrónimo LIDERA)

RESUMO

Código de proxecto 0205_LIDERA_1_E

O proxecto “Catalizador de oportunidades de emprego e emprendemento xove transfronteirizo” (acrónimo LIDERA) foi  aprobado ao abeiro do programa Interreg V A España Portugal 2014-2020 (POCTEP)  e ten como obxectivo promover o desenvolvemento económico transfronteirizo a través das capacidades laborais e de emprendemento dos mozos e mozas do  territorio.

Socios:

  • Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado
  • Fundación Galicia Europa
  • Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela
  • Asociación Comercial De Emprendedores De Galicia. ASCEGA
  • Federação Nacional das Associações Juvenis. FNAJ.
  • Instituto Português do Desporto e Juventude, IPDJ.
  • Comunidade Intermunicipal Do Ave

 

Período de execución: 2016-2019 (2015: gastos de preparación)


Orzamento total: 1.428.692,93 €


Obxectivo xeral:

Promover o desenvolvemento económico transfronteirizo a través da posta en valor das capacidades laborais e de emprendemento dos mozos e mozas do territorio.


Obxectivos específicos:
- Facilitar a adaptación e a colocación de mozos e mozas que non estean no mercado de traballo e mocidade en paro, a través da realización de actividades conducentes á mellora da súa busca activa de emprego, ao empoderamento xuvenil, de mellora da súa empregabilidade e a posta en valor das súas inquedanzas persoais.
- Facilitar á xuventude máis oportunidades de emprego e de formación baseados no traballo e os empregadores a través do desenvolvemento de actividades personalizadas, dentro da rede apoio á empregabilidade a poboación xuvenil.
- Crear equipos de xente moza cunha alta implicación na busca activa de emprego a través da posta en marcha dunha idea de negocio.


Actividades:

  • Actividade 1: CRECE.
    Creación dunha rede transnacional de apoio á empregabilidade da poboación xuvenil no territorio e impulso do espírito empresarial.
    Accións que inclúen:
    Acción 1.1. Espazo Emprende.
    O partenariado porá a disposición do proxecto unha serie de espazos fixos para o desenvolvemento de actividades individuais por parte da mocidade que acceda á rede.
    Acción 1.2: Encontros sectoriais.
    Organización e desenvolvemento duns encontros sectoriais a pequena escala en onde os diferentes actores do territorio (iniciativas empresariais, persoas mozas, coachs, persoas que desexan investir etc.), poidan establecer unha dinámica de diálogo que impulse a aparición de oportunidades de colaboración e mentoring.
    Acción 1.3: Mobilidade xuvenil.
    A través da rede facilitaranse oportunidades para que a mocidade do territorio realice estancias de formación (mobilidade) entre Galicia e norte de Portugal.
    Acción 1.4: Iniciativas xuvenís innovadoras e emprendedoras.
    A través da dinamización do espazo emprende e como un dos seus usos, preténdese que asociacións xuvenís, mocidade en xeral ou grupos informais de mozos e mozas deseñen e executen iniciativas xuvenís.

 

  • Actividade 2: CATALIZA
    Esta actividade pretende mellorar, potenciar e impulsar a viabilidade dos proxectos e ideas da xuventude, mediante a realización de actividades de titorización, asesoramento individualizado, formación personalizada e coaching persoal. O conxunto das accións serán desenvolvidas nos Espazos Emprende.
    Accións que inclúen:
    Acción 2.1: Establecemento dunha metodoloxía compartida de titorización individual.
    Titorización e acompañamento en autoemprego, cooperativismo, creación de empresas etc. na que se inclúan os protocolos de intervención, seguimento e avaliación, así como o seguimento de indicadores de resultados.
    Esta acción persegue acompañar á xuventude nos momentos iniciais dunha idea de negocio/nova liña de negocio.
    Acción 2.2: Organización e desenvolvemento de formación personalizada
    A formación deseñarase en base a necesidades, intereses comúns, ou/e obxectivos comúns. Mínimo unha persoa e máximo 15 por grupo.
    Acción 2.3: Curso de especialización en Axentes de Cooperación Transfronteiriza.
    Realizaranse dous cursos de 100 horas con seguimento individualizado vía online.
    Acción 2.4: Cursos e-learning-MOOC (Cursos online masivos e abertos).
    Habilitarase un espazo na plataforma virtual do proxecto e adaptaranse os materiais educativos de accións xa desenvolvidas para establecer cursos MOOC.
    Acción 2.5: Organización e desenvolvemento de sesións de coaching individual ou para pequenos grupos que traballen en iniciativas conxuntas.

 

  • Actividade 3: EMPRENDE
    Esta actividade vai dirixida a aquelas iniciativas, ideas, empresas que desexen empezar unha nova liña de negocio que conte cun grado de madurez suficiente.
    Acción 3.1: Establecemento dunha metodoloxía compartida de titorización individual.
    Asesoramento en aspectos legais relativos á constitución de empresas, acceso a financiamento, marketing etc. na que se inclúan os protocolos de intervención, seguimento e avaliación, así como o seguimento de indicadores de resultados.
    Esta acción persegue acompañar á xuventude que xa conte cunha idea madurada e lista para ser iniciada.
    Acción 3.4: Organización e desenvolvemento dun encontro anual de xuventude emprendedora.
    De maneira anual organizarase un encontro anual de mozos e mozas emprendedores/as na que estes poderán coñecer e intercambiar experiencias con outras persoas mozas tanto do propio territorio do proxecto como doutros territorios transfronteirizos. A previsión é realizar un total de catro encontros, dous en territorio galego e dous en territorio portugués.

 

  • Actividade 4: Xestión e coordinaciónActividade
  • 5: Comunicación
    Acción 5.1: Deseño do plan de comunicación do proxecto.
    Acción 5.2: Espazo virtual.
    Crearase un espazo propio dentro da plataforma de emprendurismo JOVEN realizada en proxectos anteriores.
    Acción 5.3: Newsletter dixital trimestral a través de redes sociais.
    Acción 5.4: Publicación de artigos divulgativos en revistas especializadas no que se poñan en valor as actividades desenvolvidas e os resultados obtidos.
    Acción 5.5: Dúas publicacións que recollan as boas prácticas da mocidade participante no proxecto.
    Acción 5.6: O informe de avaliación das metodoloxías implementadas será difundido a través do espazo virtual.

 ACTIVIDADES (CONVOCATORIA)

1. Formatour: formación especializada para o emprego e o emprendemento.

2. Xornadas visitas de formación en Galicia e Portugal.

3. Curso de Axente de Cooperación Transfronteriza.

 

ASCEGA CC CIA FNAJ
Galicia Interreg IPDJ PS
Fundacion G A