Logo Dinamizando MMAA

 

 

Programa Dinamizando o Medio Ambiente nos parques naturais de Monte Aloia, Complexo Dunar de Corrubedo e Serra do Xurés (9, 16 e 30 de setembro)

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado (Consellería de Política Social) e a Dirección Xeral  de Patrimonio Natural (Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio) convocan 150 prazas no marco do programa Dinamizando o medio ambiente para tres xornadas que descorrerán ao longo do mes de setembro do 2017.

Dentro destas actividades, os próximos días 9, 16 e 30 de setembro desenvolveranse unhas xornadas de lecer educativo nos parques naturais do Monte Aloia, Complexo Dunar de Corrubedo e Serra do Xurés.

Obxectivo.- Achegar a riqueza natural e paisaxística dos parques naturais de Galicia aos mozos e mozas da nosa Comunidade Autónoma.

Destinatarios/as.- Mozos e mozas galegos con idades comprendidas entre os 16 e 30 anos.

Inscrición.- A través de formulario de inscrición dentro do prazo establecido.

Admisión.- será por rigoroso orde de inscrición, ata cubrir a totalidade de prazas convocadas para cada xornada. Os/as solicitantes seleccionados/as recibirán un correo electrónico de confirmación da praza. Unha vez finalizado o prazo de inscrición, de non recibir comunicación, entenderase que non obtivo praza para as xornadas.

Equipamento necesario:

•    Tarxeta sanitaria.
•    Calzado cómodo.

**O xantar correrá a cargo do/a mozo/a participante

Programa de actividades

    11:15 h. Chegada ao Parque Natural

    11:30 h. Dinámica de interpretación e conservación da natureza

    14:00 h. Xantar e tempo libre

    16:00 h. Actividades de aventura: sendeirismo e tiro con arco

    18:30 h. Fin da actividade


As actividades poderán sufrir modificacións en función das condicións meteorolóxicas.

 


Parque Natural Monte Aloia: 9 de setembro de 2017


Nº de prazas 50

Prazo de inscrición: do 3 ao 8 de setembro.

Transporte gratuíto de ida e volta desde Vilagarcía de Arousa (en función da procedencia dos/as participantes o servizo de autobús poderá realizar parada nalgún/s municipio/s coincidentes na ruta Vilagarcía- Parque Natural Monte Aloia)

Formulario de inscrición

 

 


Parque Natural Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán: 16 de setembro


Nº de prazas 50

Prazo de inscrición: do 3 ao15 de setembro.

Transporte gratuíto de ida e volta desde Ferrol (en función da procedencia dos/as participantes o servizo de autobús poderá realizar parada nalgún/s municipio/s coincidentes na ruta Ferrol- Parque Natural Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán)

Formulario de inscrición

 

 

 

Parque Natural Baixa Lima e Serra do Xurés: 30 de setembro de 2017.


Nº de prazas 50

Prazo de inscrición: do 4 ao o 29 de setembro.
Transporte gratuíto de ida e volta desde Ribadavia (en función da procedencia dos/as participantes o servizo de autobús poderá realizar parada nalgún/s municipio/s coincidentes na ruta Ribadavia - Parque Natural Baixa Lima e Serra do Xurés)


Formulario de inscrición

 


Máis información:

alba.gonzalez@rgdinamizacion.es

 

 


 Programa Dinamizando o Medio Ambiente: Parque Natural de O Invernadeiro (Ourense).

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado a través do programa Dinamizando o Medio Ambiente busca achegar a riqueza natural e paisaxística dos parques naturais de Galicia aos mozos e mozas da nosa Comunidade Autónoma.

Dentro destas actividades, os próximos días 14, 15 e 16 de xullo de 2017 desenvolveranse unhas xornadas de lecer educativo no Parque Natural de O Invernadeiro (Ourense).

Destinatarios/as.- Mozos e mozas galegos con idades comprendidas entre os 16 e 30 anos.

Prazo de solicitudes.- ata o 12 de xullo de 2017.

Número de prazas.- 50

Inscrición.- A través de formulario de inscrición dentro do prazo establecido.

Admisión: será por rigoroso orde de inscrición, ata cubrir a totalidade de prazas convocadas para o intercambio. Os/as solicitantes seleccionados/as recibirán un correo electrónico de confirmación da praza. Unha vez finalizado o prazo de inscrición, de non recibir comunicación, entenderase que non obtivo praza para as xornadas.

Cobertura.-

  • Aloxamento en réxime de pensión completa en cuarto múltiple.
  • Transporte de ida e volta dende Santiago (en función da procedencia dos/as participantes o servizo de autobús poderá realizar parada nalgún/s municipio/s coincidentes na ruta Santiago- Parque Natural do Invernadoiro).
  • As actividades poderán sufrir modificacións en función das condicións meteorolóxicas.

Equipamento necesario

  • Saco de durmir
  • Calzado cómodo, chanclas para as actividades acuáticas e traxe de baño.
  • Útiles de aseo
  • Toallas

Non esquezades a tarxeta sanitaria.

PROGRAMA DE ACTIVIDADES