Acción de Verán

CAMPAÑA DE VERÁN 2020

 

A Xunta de Galicia ofrece a posibilidade de que a xuventude galega empregue o seu tempo libre estival participando en actividades de educación non formal moi diversas: de carácter cultural, ambiental, deportivo, de tempo libre, de voluntariado... que sirvan non só para divertirse, senón tamén para o seu enriquecemento persoal e vital.

A Consellería de Política Social pretende facer realidade este obxectivo a través da Campaña de Verán 2020.

As circunstancias actuais derivadas da crise sanitaria do Covid 19 e logo de superar a etapa de confinamento, fan máis necesario que nunca poder ofertar un recurso de conciliación para as familias galegas e de educación non formal para o tempo de lecer dos nosos mozos e mozas  que lles permita beneficiarse, coas máximas garantías de prevención e hixiene, dun espazo de ocio educativo. Así, a oferta comprenderá actividades para desenvolver en Galicia, coas adaptacións necesarias en canto a limitacións de aforo máximo nas instalacións xuvenís ofertadas, reforzo das medidas hixiénico sanitarias e incremento das rateos monitor/participante para unha prestación do servizo máis eficiente e con todas as garantías.

A Campaña de Verán está composta por diferentes áreas de participación, que se desenvolven nos meses de xullo, agosto e setembro, en Galicia.

ÁREAS DE PARTICIPACIÓN

CAMPAMENTOS

A de 2020 será unha edición atípica da Campaña de Verán da Xunta de Galicia, derivada da situación de crise sanitaria provocada pola Covid-19.

As diferentes actividades que integran esta programación levaranse a cabo en diversas quendas de entre sete e dez días de duración durante os meses de xullo,  agosto e setembro.
Podes escoller o campamento que queiras en función da túa idade e das actividades que se leven a cabo nel: actividades de diversa temática en función do campamento (náutica, deportiva, ambiental, artística, patrimonial vinculada ao o Camiño de Santiago, científica, agrícola...) Só tes que animarte a participar!

Descarga toda a información dos campamentos

 

DATA DO SORTEO: 

O sorteo público terá lugar o luns, 6 de xullo, a partir das 12 horas, na sala de prensa da Consellería de Política Social, na 3ª planta das dependencias desta consellería, no edificio administrativo de San Lázaro, en Santiago de Compostela.

INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS SOBRE O PROTOCOLO COVID-19 NA CAMPAÑA DE VERÁN 2020

 

Consulte aquí a información

 

CARTAS INFORMATIVAS. Consulta aquí as instrucións e recomendacións para a incorporación aos campamentos.

 

FASE DE RESERVAS:

 

Anúnciase a apertura da fase de reservas a partir do luns, 27 de xullo, conforme ao sinalado no artigo 10 da orde reguladora.

 


RESULTADO DE SORTEO

 --------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Teléfonos de información:

Xefatura Territorial da Coruña: 881 881 240 / 881 881 238 / 881 881 239

Xefatura Territorial de Lugo: 982 294 224 / 982 294 353 / 982 294 923 / 982 294 599

Xefatura Territorial de Ourense: 988 386 120 / 988 386 117

Xefatura Territorial de Vigo: 986 817 078 / 986 817 080 / 986 817 079 / 986 817 782

Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado: 881 999 025 / 881 999 194

 

--------------------------------------------------------------------------------------------------------------

 

CAMPOS DE VOLUNTARIADO

A Xunta de Galicia oferta no verán deste 2020 un total de 29 campos de voluntariado para maiores de 18 anos por todo o territorio galego, campos adaptados ao novo escenario provocado pola crise sanitaria da Covid-19.

Os campos de voluntariado son actividades encamiñadas a favorecer e fomentar a convivencia, a participación, a tolerancia e a solidariedade entre a mocidade e o seu contorno, a través da colaboración desinteresada e voluntaria en traballos diversos que se levan a cabo en todas as comunidades autónomas e en distintos países, baixo o patrocinio, control ou organización de entidades e organismos oficiais, asociacións xuvenís, culturais, humanitarias etc. 

As circunstancias actuais derivadas da crise sanitaria do Covid 19 e logo de superar a etapa de confinamento, fan máis necesario que nunca poder ofertar un recurso de educación non formal para o tempo de lecer dos mozos e mozas como os campos de voluntariado, que lles van permitir beneficiarse, coas máximas garantías de prevención e hixiene, dun espazo de convivencia, compromiso e participación social.

A deste ano será unha edición atípica da Campaña de Verán da Xunta de Galicia, e, por ende, dos campos de voluntariado enmarcados nela, que presentan as seguintes novidades:

  • Serán campos de ámbito autonómico con prazas só para mozos e mozas de Galicia.
  • A convivencia será dun máximo de 12 persoas participantes, máis o equipo técnico.
  • As actividades desenvolveranse baixo as medidas de prevención e seguridade ditadas polas autoridades sanitarias.

Programa 2020:

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

PROGRAMA "COÑECE GALICIA": MINICAMPAMENTOS DE LUNS A VENRES EN ALOXAMENTOS TURÍSTICOS

A Consellería de Política Social e a Consellería de Cultura e Turismo poñen en marcha o programa “Coñece Galicia”. Trátase dunha iniciativa lúdico formativa para desenvolver en aloxamentos turísticos distribuídos por toda a xeografía galega en estancias de cinco días, de luns a venres, que sirva tanto para apoiar a adquisición de competencias e habilidades por parte das persoas máis novas como para fomentar o coñecemento da riqueza natural e patrimonial de Galicia, o coidado do medio ambiente e o ocio educativo.

Este programa forma parte da oferta da Campaña de Verán da Xunta de Galicia deste 2020 e é, de feito, unha das principais novidades para completar a oferta de campamentos tras a necesaria adaptación das actividades ao novo escenario provocado pola Covid-19.

Ofrécense distintas alternativas de participación nos meses de xullo e agosto de 2020, cunha oferta total de 533 prazas, distribuídas nun total de 14 programas e instalacións diferentes.


CONSULTA TODA A INFORMACIÓN SOBRE OS MINICAMPAMENTOS COÑECE GALICIA

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

ENLACE A ANEXOS

Prazas esgotadas!! No caso de producirse renuncias, publicaránse as prazas vacantes (Actualizado a 10/08/2020)

 

------------------------------------------------------------------------------------------------------

CESIÓN DO USO DE RESIDENCIAS XUVENÍS PARA ACTIVIDADES DE OCIO EDUCATIVO E DE TEMPO LIBRE

 

A Consellería de Política Social é consciente de que as asociacións xuvenís e as entidades que desenvolven actividades para a xuventude non sempre dispoñen dos medios e instalacións axeitadas para iso; unha necesidade que pode ser aínda máis complexa na situación actual derivada polo impacto social do Covid-19.

En consecuencia, co obxecto de facilitar á mocidade o acceso a instalacións xuvenís para o desenvolvemento de programas de lecer e tempo libre sen ánimo de lucro durante a Campaña de verán2020,convoca a oferta de uso da súas residencias xuvenís para a Campaña de verán 2020 (Residencia Xuvenil LUG I e Residencia Xuvenil Florentino L. Cuevillas).

O prazo de solicitude é de 7 días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

A solicitude deberá presentarse obrigatoriamente por vía electrónica, agás no caso dos grupos de persoas persoas mozas non asociadas, que, opcionalmente, poderán facelo presencialmente.

Ofértanse 360 prazas en quendas de 30 prazas. A duración das quendas ofertadas é de cinco días. As prazas por quenda outorgaranse a unha única entidade ou grupo, non podendo convivir varios grupos ao mesmo tempo nunha mesma instalación.

Consulta aquí a orde de convocatoria

Consulta aquí o procedemento na sede electrónica

 ----------------------------------------------------------------------------------------------------------------

CAMPAMENTOS ESPECÍFICOS PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Pode consultarse a convocatoria aquí