Certame galego de Creadores Novos, Xuventude Crea 2018

A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado convídavos a participar neste certame galego de creadores novos, que inclúe as especialidades de  teatro, artes plásticas, fotografía, música, relato breve, poesía, videocreación, banda deseñada, graffiti, moda, deseño de xoias, cociña e skate.

Se queres participar, aquí podes revisar as bases do certame.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o día 21 de setembro de 2018.CARTEL XUVENTUDE CREA 2018 opt

A quen vai dirixido?

Poderán solicitar a participación os mozos ou mozas galegos/as ou residentes en Galicia, non profesionais, con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos de idade cumpridos no ano 2018.
Non poderán participar nunha especialidade aquelas persoas que gañasen o primeiro premio desa mesma especialidade na edición do ano anterior.


Enténdese por profesional aquela persoa que mantén unha relación contractual permanente ou ocasional con algunha empresa vinculada á especialidade concreta na que solicita participar levando a cabo traballos directamente relacionados con ela, ou que está dada de alta como autónomo/a nunha actividade que teña unha relación directa coa citada especialidade.


Salvo no caso das especialidades de teatro, música, graffiti e cociña, a participación será sempre a título individual.

Máis información:

981541689 /981545702

xuventudecrea.cps@xunta.gal

 

A autora do cartel é Fátima Faílde Fernández


Histórico de Premios


Certame 2006

Certame 2007

Certame 2008

Certame 2009

Certame 2010

Certame 2012

Certame 2013

Certame 2014

Certame 2015

Certame 2016

Certame 2017

 

 

 

Máis información e consultas:

 

Teléfono: 981 544 645 e 981 544 854 , e-mail: xuventude@xunta.es