Está composta por todas as oficinas de información destinada á mocidade espalladas por toda Galicia. O seu obxectivo é coordinar os esforzos e iniciativas en materia de xuventude, promovidos tanto por organismos privados como por organismo públicos.Esta rede está regulada virtude do Decreto 50/2000, do 20 de xaneiro (DOG nº 49 do 10 de marzo).
Os servizos de información e documentación xuvenil galegos son:
Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil
Oficinas Municipais de Información Xuvenil (OMIX).
Protocolo actuación Espazos Xove
Carta Europea de información xuvenil
Conferencia da Xuventude da Unión Europea da Presidencia Chipriota
Guía de Iniciación á Información Xuvenil, 2020
Guía: Jóvenes, Información Juvenil y Redes sociales
Consello Asesor e Consultivo de Xuventude de Galicia
Procedemento para o recoñecemento oficial dos servizos de información xuvenil (BS312A)
Recomendación conxunta da Conferencia de Xuventude da UE. Košice, 2016
Observatorio Galego da Xuventude
Dado que o 22,7% da poboación galega está formado por mozos e mozas de idades comprendidas entre os 14 e os 30 anos, é obriga da Administración pública o xenerar políticas destinadas ás necesidades específicas deste colectivo. Con estas, o obxectivo principal é contribuír a mellorar o futuro da mocidade galega, e isto non se fai só dende un ámbito, senón dende todas as Consellerías por igual. Por iso se crea o Observatorio Galego da Xuventude.
Consiste nun órgano colexiado destinado á creación e difución de políticas de xuventude. Adecuándose ás necesidades de cada momento, o Observatorio Galego da Xuventude ten como principal obxectivo aplicar políticas necesarias para a mocidade galega e avaliar o seu impacto na sociedade.