III FORO ABERTO DO TEMPO LIBRE

 Novo Decreto de Xuventude1


O III Foro Aberto do Tempo Libre enmárcase no proceso de participación aberto para a aprobación da nova normativa regulamentaria en materia de xuventude e pecha a primeira fase do mesmo, que se desenvolveu coa celebración de cinco sesións de traballo (Ourense, Lugo, A Coruña, Vigo e Santiago de Compostela) e coa recepción de achegas a través do buzón de correo electrónico decreto.xuventude@xunta.gal

Antes de máis, a dirección xeral agradece enormemente o esforzo feito polas persoas que asististes e participastes activamente nas reunións, así como as que nos fixestes chegar suxestións por vía electrónica ou por calquera outro medio. Tendo en conta as vosas valiosas achegas, estase a elaborar un informe de conclusións que sintetice os temas tratados, as vosas contribucións e o labor feito até agora nesta primeira fase, así como un novo borrador de decreto, que disponibilizaremos no apartado de documentación o antes posible.

Agora é o momento, cando as ideas tratadas nas reunións previas están máis frescas, de convocar un novo Foro Aberto do Tempo Libre, que terá como obxectivo avanzar na redacción dos principais sectores obxecto de regulación: a información xuvenil, a formación e actividades no ámbito da educación no tempo libre, así como as instalacións xuvenís. E non partindo de cero, senón tendo como alicerce o resultado das sesións anteriores.

O foro está dirixido a calquera persoa interesada en contribuír e, nomeadamente, a educadoras e educadores no tempo libre, asociacións xuvenís e entidades prestadoras de servizos á xuventude, empresas do sector, xerentes de instalacións, técnicos de xuventude, informadores e informadoras xuvenís, escolas de tempo libre, etc.  

Animámosvos a participar e, na medida do posible, a virdes con propostas xa elaboradas e tendo estudado os temas a tratar, a fin de que o foro sexa o máis produtivo posible.

O III Foro Aberto do Tempo Libre terá lugar o día 20 de maio no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia, situado na Rúa de Airas Nunes (zona de Conxo), en Santiago de Compostela.

Consulta aquí o programa provisorio.

 ForoAbertoDoTempoLibre

 

 

documentacionF

 

Documentacion

DOCUMENTACIÓN

NORMATIVA

   

 

 

Novo Decreto de Xuventude