Que facemos para gustar?
¿Estamos dispostos a calquera cousa por gustar e gustarnos? Ás veces expoñémonos a situacións que nos poden resultar do máis incómodas e molestas, cousas mesmo imposibles para as nosas capacidades. ¿Podemos incluso chegar a poñer en risco a nosa saúde? A construcción que facemos da nosa imaxe vese frecuentemente influenciada polos seguintes factores: os modelos ou patróns establecidos como desexables polos medios de comunicación social, a valoración que facemos de nós mesmos en comparación cos patróns estéticos e as influencias dos eloxios e críticas que realizan persoas significativas.
De maneira particular os medios de comunicación difunden un grupo de patróns e estereotipos de beleza que se soen asociar co prestixio social, a elegancia, o éxito, a saúde e outras representacións sociais desexables. Transmítennos que hai unha única maneira de gustar aos demais e de sentirnos ben.
¿É posible encaixar a diversidade de corpos e gustos nestes modelos? Pode ser importante o aspecto físico e o que as demais persoas pensan e din de nós, pero a cuestión é ¿ata onde estamos dispostos a chegar? ¿que prezo estamos dispostos a pagar? ¿que podemos facer?
Queres saber máis?
Para quen?
Para mozos e mozas. Algunhas intervencións irán dirixidas a nais e pais, profesorado, axentes sociais e outras persoas que desenvolvan actividades nesta área dirixida á mocidade.
Para que?
Dende o 'Quérote Máis' propoñemos traballar neste eido co obxectivo de que a mocidade sinta o seu corpo e a súa imaxe de forma satisfactoria e positiva, respetando todas as peculiaridades e capacidades que conforman a diversidade humana.
Obxectivos específicos: • Tomar conciencia da propia imaxe e favorecer a súa aceptación. • Poñer en valor a diversidade corporal. • Valorar positivamente o propio corpo e recoñecer todas as posibilidades que ofrece. • Promover o fomento da autoestima máis aló do físico e a imaxe. • Desenvolver o sentido crítico ante os valores estéticos imperantes. • Colaborar no aumento da propia aceptación e a aceptación das demais persoas. • Poñer en valor o criterio persoal para o aumento da autoestima. • Tomar conciencia dos hábitos non saudables empregados ante diferentes situacións (calmar a ansiedade, compensar a frustración, refuxio, desafogo). • Reforzar as habilidades para aprender a distinguir o que gusta e o que non en relación coas demais persoas.
Como?
Para acadar os obxectivos marcados, 'Quérote Máis' vai poñer en marcha unha serie de accións específicas que figurarán neste apartado. Entre elas as actividades previstas serán:
Consultas
Como sentirme ben co que vexo no espello?
Cada persoa ten as súas propias habilidades, calidades e gustos. Todos temos motivos para considerarnos atractivos, e non teñen que gardar relación cos kilos, cos pelos, coa roupa, cos músculos ou co bronceado. Podemos coidarnos e gustarnos de moitas formas, facendo deporte, comendo de forma saudable, divertíndonos, defendendo os nosos gustos, protexendo os nosos intereses, etc. Existen infinidade de cousas que nos poden facer sentir ben. Ter unha imaxe corporal positiva significa sentirnos satisfeitos co noso aspecto, apreciar as capacidades do noso corpo e recoñecer o que non nos gusta para melloralo.
Estame saíndo moito pelo, terei que depilarme?
Depilarse é unha cuestión estética e cada persoa ten os seus propios gustos, que poden cambiar coas modas e varias dunhas sociedades a outras. Por iso, non todas as persoas deciden depilarse e non a todos lles gusta ou importa que outra persoa estea depilada.
Semella obligatorio pasar por unha especie de “rituais” sen cuestionalos (depilarse, afeitarse, broncearse, tatuarse, maquillarse, etc), accións que se relacionan co feito de “estar guapos e guapas". O importante é que sexa unha elección persoal e non algo imposto nin pola sociedade nin por ninguén.
Ligazóns
ACAB: Asociación contra a anorexia e a bulimia Aban: Aociación de Bulimia e Anorexia Nerviosa Albente Adaner cantabria ACAB: Asociación de trastontnos de la conducta alimentaria de La Rioja Aban: Asociación contra la anorexia y la bulimia nerviosas
Documentación
Publicacións propias Estudos e informes Lexislación
|