Educación Secundaria Obligatoria
A educación básica no sistema educativo español comprende dende a educación infantil ata a educación secundaria obligatoria. A ESO é a última etapa educativa obligatoria e gratuita que completa a educación básica. Consta de catro cursos académicos que se realizan durante os 12 e os 16 anos de idade do estudante.
A finalidade da ESO é lograr que todos os alumnos adquiran os elementos básicos da cultura, e que saian preparados para a incorporación a estudos posteriores ou para a súa inserción laboral.
Poderase repetir un máximo de dous cursos e permanecer ata os 18 anos de idade cumpridos no ano en que finalice o último curso. Dende que o alumno cumpre os 16 anos, os seus pais e el poden decidir dar por finalizada a súa escolarización obrigatoria. Feito isto, extenderáselle o seu correspondente Certificado de Escolaridade no que consten os anos e materias cursados.
Máis información no portal de educación.
Bacharelato
O bacharelato forma parte da educación secundaria postobligatoria e polo tanto, ten carácter voluntario. Desenvólvese en modalidades diferentes, e en distintas vías dentro de cada modalidade.
Modalidades:
1. Modalidade de Artes:
- Vía de Artes plásticas, imaxe e deseño
- Vía de Artes escénicas, música e danza
2. Modalidade de Ciencias e Tecnoloxía 3. Modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais
O bacharelato comprende dous anos académicos, que se cursarán normalmente entre os 16 e os 18 anos. Poderase permanecer cursando bacharelato en réxime ordinario durante catro anos académicos, consecutivos ou non.
Materias:
1. Materias comúns (Son obrigatorias independentemente da modalidade elixida):
- Ciencias para o mundo contemporáneo
- Educación física
- Filosofía e cidadanía
- Historia da filosofía (2º curso)
- Historia de España (2º curso)
- Lingua castelá e literatura
- Lingua galega (1º e 2º curso)
- Lingua Estranxeira (1º e 2º curso)
2. Materias de modalidade: Proporcionan unha formación de carácter específico, vinculada á modalidade elixida. Os estudantes deberán cursar durante os dous cursos do bacharelato, un mínimo de seis materias de modalidade, das cales polo menos cinco deberán ser da modalidade elixida. As materias son:
- Modalidade de Artes: Vía de Artes plásticas, imaxe e deseño:
- Cultura audiovisual
- Debuxo artístico I e II
- Debuxo técnico I e II
- Deseño
- Historia da arte
- Técnicas de expresión grafico-plástica
- Volume
- Modalidade de Artes: Vía de Artes escénicas, música e danza:
- Análise musical I e II
- Anatomía aplicada
- Artes escénicas
- Cultura audiovisual
- Historia da música e de dánzaa
- Literatura universal
- Linguaxe e práctica musical
- Modalidade de Ciencias e Tecnoloxía:
- Bioloxía
- Bioloxía e xeoloxía
- Ciencias da Terra e ambientais
- Debuxo técnico I e II
- Electrotecnia
- Física
- Física e química
- Matemáticas I e II
- Química
- Tecnoloxía industrial I e II
- Modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais:
- Economía
- Economía da empresa
- Xeografía
- Grego I e II
- Historia da arte
- Historia do mundo contemporáneo
- Latín I e II
- Literatura universal
- Matemáticas aplicadas ás ciencias sociais I e II
3. Materias optativas Teñen como finalidade completar a formación do alumnado. Os estudantes poderán elixir tamén como materia optativa polo menos unha materia de modalidade. A oferta de materias optativas deberá incluír unha Segunda lingua estranxeira e Tecnoloxías da información e a comunicación. Cada Administración educativa establece as materias optativas, e a maiores, poderanse elexir as seguintes:
- Enseñanzas de Relixión:
- Relixión
- Historia e cultura das religiones
Formación Profesional
A Formación Profesional é un conxunto de ensinos do sistema educativo, que se centra ao redor da formación práctica e adecúase ás necesidades dos diferentes sectores produtivos. Comprende un conxunto de ciclos formativos de duración variable e contidos teórico-prácticos adecuados aos diversos campos profesionais.
Estrutúrase en 26 familias profesionais e en dous graos: ciclos formativos de grao medio e ciclos formativos de grao superior. As familias profesionais son as seguintes:
- Actividades Físicas e Deportivas
- Administración e Xestión
- Agraria
- Artes gráficas
- Artes e artesanías
- Comercio e mercadotecnia
- Edificación e obra civil
- Electricidade e electrónica
- Enerxía e auga
- Fabricación mecánica
- Hostalaría e turismo
- Imaxe persoal
- Imaxe e son
- Industrias alimentarias
- Industrias Extractivas
- Informática e Comunicacións
- Instalación e Mantemento
- Madeira, moble e cortiza
- Marítima-Pesqueira
- Química
- Seguridade e Medio Ambiente
- Servizos Socioculturais e á Comunidade
- Sanidade
- Téxtil, confección e pel
- Transporte e Mantemento de Vehículos
- Vidro e cerámica
Programas de Cualificación Profesional Inicial
Os Programas de Cualificación Profesional Inicial son unha oferta formativa dirixida a aqueles alumnos e alumnas que maiores de 16 anos que non obteñan o título de Graduado en Educación Secundaria Obligatoria. Organízanse en perfís profesionais asociados aos diferentes sectores productivos, e estructúranse en módulos de tres tipos:
1. Módulos específicos referidos ás unidades de competencia correspondentes a cualificaciones do nivel uno do Catalogo Nacional Cualificaciones Profesionais. 2. Módulos formativos de carácter xeral cuxo obxectivo é ampliar as competencias básicas e favorecer a transición do sistema educativo ao mundo laboral. 3. Módulos de carácter voluntario cuxa finalidade é a obtención do título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria.
COMO ACCEDER Para poder acceder a estudos de Formación Profesional de forma directa é necesario ter a titulación académica requirida, no caso do Grao Medio, posuír o título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria, e no caso de Grao Superior, o título de Bacharel. Aquelas persoas que non posúan estes requisitos, poden acceder á FP de grao medio e grao superior, superando unha proba.
No caso dos Programas de Cualificación Inicial, todos aqueles alumnos e alumnas maiores de 16 anos que non obteñan o título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria. Excepcionalmente, a idade de incorporación a un PCPI poderá reducirse a quince anos para aqueles alumnos e alumnas cando concorran circunstancias de grave risco de abandono temperán do sistema escolar, absentismo escolar ou rexeitamento á institución escolar.
|