Convocatorias anteriores

Plan de Formación da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado 2011


Á Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado correspóndelle, entre as súas funcións, a promoción e organización das actuacións en materia de xuventude e voluntariado, e correspóndelle organizar cursos de educación non formal que afondarán na capacitación das persoas que traballan no ámbito da xuventude e voluntariado, co obxecto de que obteñan unha formación continua que lles permita organizar e xestionar os servizos que ofrecen á mocidade e ás entidades de voluntariado.

 

Programa de cursos de idiomas no extranxeiro 2011


cursosidiomas2011O programa de Cursos de idiomas no extranxeiro, pon á disposición da xuventude galega a posibilidade de viaxar a diferentes lugares do mundo, co obxectivo de poder aprender e perfeccionar unha nova lingua, e enriquecer a convivencia intercultural.

Recóllese unha amplia selección de cursos internacionais en máis de 100 prestixiosas escolas de idiomas, situadas en diferentes países.

Inglés, francés, alemán, italiano, portugués e ruso son os idiomas que se poden estudiar en diferentes países como Reino Unido, Irlanda, Canadá, Estados Unidos, Francia, Alemania, Italia, Portugal ou Rusia, entre outros.

Nos pdfs que hay a continuación, detállanse as características de cada curso e descripcións das localidades onde se desenvolven, para que os xóvenes interesados poidan adquirir unha primeira información que lles permita desenvolverse en un ambiente internacional multicultural.