|
Dende xuventude.net queremos axudarche no proceso da túa emancipación.
Se non sabes por onde comezar, onde buscar un piso axeitado ás túas posibilidades ou como conseguir o teu primeiro emprego, afonda na nosa web. En colaboración co injuve (Instituto de la Juventud), organismo público adscrito ao Ministerio de Sanidad, Política Social e Igualdad, xuventude.net móstrache todas as oportunidades dispoñibles para tomar as rendas da túa vida adulta.
Abracaxove
A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, da Consellería de Traballo e Benestar, pon á disposición da mocidade galega os cadernos informativos Abracaxove. Neles recóllense, dunha maneira sinxela e condensada, as moitas medidas que a Xunta de Galicia e outras administracións e entidades galegas están a executar a prol da mocidade. Trátase de informarvos sobre unha serie de accións e recursos en distintos ámbitos, como a educación, o emprego, a vivenda, a creatividade, o lecer, a mobilidade..., de xeito que saibades os medios que existen, quen os xestiona e onde vos podedes dirixir en cada momento.
A continuación pódense consultar os cadernos relativos a emprego e vivenda, elaborados en colaboración co Instituto de la Juventud (Injuve)
En Emprégate atoparedes información sobre liñas de axuda e recursos para mellorar a empregabilidade da mocidade e para fomentar o seu espírito emprendendor.
En Vivenda Xove poderás atopar os recursos ao teu alcance para facilitar o acceso a unha vivenda.
Información actualizada sobre os recursos públicos para a emancipación en Galicia
Si estás pensando en emanciparte, neste documento anexo poderás atopar datos de gran interese, xa que ten información actualizada sobre axudas e recursos en materia de vivenda e emprego. Podes descargalo aquí
E se precisas ánimo para iniciar este proceso, proba a botarlle unha ollada a estes vídeos. A veces cun sonriso pode ser máis sinxelo!
http://www.youtube.com/user/XuventudePuntoNet#p/u/32/J1dRGgc-4vg
http://www.youtube.com/user/XuventudePuntoNet#p/u/33/dlzcer8BeQs
Emancípate!

|