A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, inaugurou hoxe en Ourense o quinto ÁgoraXove, un programa da Consellería de Política Social que forma parte das accións de participación da mocidade nos temas do seu interese, buscando renovar o enfoque do traballo coa xuventude a través da animación e da dinamización.

No evento, Cecilia Vázquez explicou aos mozos e mozas participantes que “esta iniciativa nace co obxectivo de coñecer de primeira man cales son as vosas inquedanzas e demandas, e nada mellor que facelo mediante a participación directa, para que as nosas propostas se adapten cada vez mellor ás vosas preferencias”.

A temática e o programa de actividades de cada un dos foros está deseñado en función do ámbito territorial no que se desenvolva. Deste xeito, o ÁgoraXove de Ourense contou cunha temática baseada nas artes e na música.

O evento comezou cunha mesa redonda sobre “Competencias e habilidades para o éxito”, onde participaron a presidenta da Federación Galega de Xoves Empresarios, Carmen José López, a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez Suárez, e o director do IES Maruxa Mallo de Ordes e coach, José Manuel Dopazo Mella.

O programa ÁgoraXove de Ourense tamén contou cunha reflexión en clave biográfica e unha actuación de Daniel Minimalia, premio á mellor canción Word Music do Ano e cunha entrevista ao actor e productor ourensán Rubén Rodríguez Rodríguez (Rubén Ríos).

Tamén houbo lugar para un panel de experiencias de educación non formal coa intervención de participantes en programas dos Centros Xuvenís Don Bosco, de recuperación do folclore tradicional, do programa Galeuropa, de innovación educativa, da entidade Ideas for Ourense, ou dos promotores da app Whimlist, así como gañadores do concurso XMMINT de Unicef. Este ÁgoraXove finalizou cun concerto da banda ourensá de indie, rock e pop Connectica. 
O perfil dos participantes nos ÁgoraXove son membros de entidades, asociacións xuvenís ou grupos informais, antigos participantes nos programas de Xuventude, técnicos de xuventude e de emprego, concelleiros de xuventude, monitores e mozos e mozas en xeral. Estes foros tamén contan cunha área de asesoramento sobre asociación e participación nos programas de educación non formal da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

Os ÁgoraXove xa se teñen celebrado en Vilalba, na Universidade de Santiago, na Universidade de Vigo, en Palas de Rei e Ourense. Este programa tamén terá lugar nas vindeiras semanas en A Estrada, Betanzos, Bergondo, Marín, Vilanova de Arousa, Curtis e Ferrol.

agora331Ágora Noite é un dos doce foros de participación xuvenil que organiza a Consellería de Política Social a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado; enmarcados dentro do programa Ágora Xove. Terá lugar oxoves 21 de abril, no Café Jam Session de Ourense a partir das 21:00h.
O obxetivo do evento é que a información xuvenil chegue aos mozos e mozas por unha canle o máis informal e desenfadado posible, rompendo así as barreiras que moitas veces separan á mocidade da administración. Para o cal deseñamos un programa de actividades nun local da zona de lecer nocturno da cidade, que inclúe rostros coñecidos do mundo cultural e asociativo, así como dinámicas que fomenten a interacción entre os participantes e os ponentes. Aquí o tedes:

21:00h. Presentación e inauguración.
21:15h. Mesa redonda: “Competencias e habilidades para o éxito”
Carmen José López, presidenta da Federación Galega de Xoves Empresarios.
Cecilia Vázquez Suárez, directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.
José Manuel Dopazo Mella, director do IES Maruxa Mallo de Ordes e coach.
21:45h. Reflexión en clave biográfica e actuación.
Daniel Minimalia, premio á mellor canción Word Music do Ano.
22:15h. Entrevista:Rubén Rodríguez Rodríguez (Rubén Ríos),o making of dun actor e productor ourensán.
22:45: Panel de experiencias de educación non formal.
Adrián Rodríguez, secretario da *Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia.
Alexandre Sotelino, recuperación do folclore tradicional e aprendizaxe.
María Suárez e Adrián González, participantes no programa Galeuropa.
Aitor Barbosa, doutorando en equidade e innovación educativa pola Universidade de Vigo.
Iago Souto, Alba Martín, Ángel Rey, Marta Caeiro e Isabel Rey; promotores da app Whimlist e gañadores do concurso XMMINT de Unicef.
Paula Mozo Pereira, responsábel de comunicación en Ideas for Ourense.
23.30 Dinámica e sinerxias entre os participantes.
23.30 Concerto:Connectica, banda ourensá de indie, rock e pop.

Lugar de realización:Café Jam Session. Rúa Ramón Cabanillas, 18 baixo.

Data de realización: Xoves día21 de Abril.

Formulario de participación