Ofrecido pola asociación entre a Comisión Europea e o Consello de Europa no ámbito da mocidade, o curso dotará aos estudantes das competencias básicas para participar na política de mocidade. Os participantes aprenderán sobre os elementos esenciais da política de mocidade, os pasos da política de mocidade (desenvolvemento, entrega, avaliación) e o seu impacto na vida dos mozos.
O curso é aberto e gratuíto para calquera persoa interesada. Anímase a participar aos responsables da política da mocidade de diferentes niveis, aos traballadores xuvenís e aos dirixentes xuvenís, ás ONG xuvenís e aos investigadores novos a participar.
Datas: do 30 de outubro ao 11 de decembro de 2017.
https://www.canvas.net/browse/council-of-europe/courses/essentials-of-youth-policy
Co fin de facilitar a inserción ao emprego das mulleres, Fundación Mujeres ofrece un servizo integral de intermediación laboral.
Durante os meses de xullo a setembro, a Fundación Mujeres realizará diversas actividades: formación online e presencial, charlas e grupos de debate no marco do Servizo de orientación laboral.
O obxectivo destas accións é o apoio e orientación laboral para a procura de emprego por conta allea ou mediante o autoemprego. Traballarase o desenvolvemento das habilidades persoais e sociais para a mellora da empregabilidade e as competencias dixitais.
Este servizo ofrécese o Programa para o emprego e emprendemento de mulleres en situación de especial vulnerabilidade financiado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo
Máis información: http://www.fundacionmujeres.es/
estefania.abelenda@fundacionmujeres.es / tamara.conesa@fundacionmujeres.es
Teléfono: 981 29 40 97 e 663 20 23 80
Avda. Monelos 121, 1º dta. A Coruña
Programa Actívate: formación gratutita online e presencial de Google.
Formación online
Curso online de Marketing Dixital: Certificado por IAB Spain.
Curso online de Analítica Web: Certificado pola Escuela de Organización Industrial e desenvolto en colaboración con Red.es.
Curso online de Comercio Electrónico: Certificado pola Escola de Organización Industrial e desenvolto en colaboración con Red.es.
Curso online de Cloud Computing: Certificado pola Escola de Organización Industrial.
Curso online de Desenvolvemento de Apps: Certificado pola Universidade Complutense de Madrid.
Curso online de Desenvolvemento Web: Certificado polo IEI da Universidade de Alacante.
Curso online de Productividade Persoal: Certificado pola Fundación Santa María a Real.
Itinerario online de Emprendemento: Certificado polo IEI da Universidade de Alacante
Formación presencial
Curso básico de Marketing Dixital
Formación para o Emprendemento
Máis información: https://www.google.es/landing/activate/formate/
"Pixar in a Box" é unha mirada detrás das cámaras a como fan o seu traballo os artistas de Pixar. Poderás animar pelotas que rebotan, construír un enxame de robots e facer que exploten fogos artificiais virtuais. As materias que aprendes na escola (matemáticas, ciencias, ciencias da computación e humanidades) úsanse todos os días en Pixar para crear películas incribles. Esta colaboración entre Pixar Animation Studios e Khan Academy está patrocinada por Disney. "Pixar in a box" é un curso completamente gratuíto.
Os diferentes temarios que se verán ao longo do curso van desde a creación de efectos como fume ou auga, creación de patróns, dotar de expresividade aos personaxes, e modelar contornas. Todo iso a través de vídeos online e de prácticas que axudarán a entender e a poñer en práctica as nocións teóricas.
O curso realízase integramente na plataforma online de Khan Academy.
https://es.khanacademy.org/partner-content/pixar/start/introduction/a/educator-guide
O fin de Espazocoop é impulsar novas cooperativas, a súa creación precisa de orientación, información, e acompañamento especializado.
A cooperativa sérvenos para organizar e dar resposta a distintas necesidades (traballo, consumo, servizos …), en base a principios de xestión democrática, participación, autoxestión, axuda mutua, ou igualdade…
Desde Espazocoop poden asesorate nas axudas do programa APROL-Economía Social
Espazocoop Unión de Cooperativas Galegas
info@espazocoop
www.espazo.coop
A Coruña. Travesía de San José 10, Ent.A. Teléfono: 881 887 456
Santiago de Compostela. Hórreo 104, baixo, esquerda. Teléfono: 981 57 55 78
Vigo. Taboada Leal 15, entreplanta. Teléfono: 986 866 149
Cruz Vermella da Coruña organiza charlas sobre acollemento familiar
Datas: unha vez ao mes, a seguinte será o martes 7 de marzo ás 12h e ás 19h.
Lugar: R/Cruz Roja Española 1
Máis información no teléfono 981 221 000, ext.38220 e en www.acogimientofamiliar.org
A Fundación Paideia xunto coa Escola de Organización Empresarial, organiza unha formación gratuita en Industrias Musicais.
Destinatarios:artistas, músicos e emprendedores culturais relacionados con calquera aspecto da industria musical.
Datas:do 9 de febreiro ao 8 de xuño de 2017
Formato:presencial. Xoves de 16:00 a 21:00
Lugar:Fundación Paideia. Lugar da Escravitude s/n. Padrón. A Coruña
2.- ENTIDADE ORGANIZADORA/ CONVOCANTE
Autismo Galicia organiza o curso 'Contención Mecánica avanzado'
Destinatarios:
Profesionais do ámbito social e sanitario e familias que teñan trato tanto na súa contorna familiar como na súa actividade profesional con usuarios/ as que presenten conductas agresivas. Tendo preferencia as persoas que estén en posesión do curso de contención mecánica (iniciación) ou con coñecementos e/ou formación en contención mecánica.
Obxectivo do curso:
Formar en técnicas de contención mecánica avanzada a profesionais e familias como forma de control ante situacións de crise. Para evitar de forma ética e segura poñer en perigo a integridade física da persoa, o profesional ou a súa contorna.
Datas de realización:10,11 e 12 de febreiro
Lugar:Santiago de Compostela
Venres: Rúa Nova, 33 Centro Social A Fundación
Sábado e domingo: Praza Cervantes S/N. Centro Abanca Obra Social
Número de horas: 10 (2 horas teóricas e 8 horas prácticas)
Horario:
Venres: 18:00 a 20.00 (teoría)
Sábado: de 10:00 a 14:00 e de 15:30 a 19:30 (práctica do primeiro turno)
Domingo: de 10:00 a 14:00 e de 15:30 a 19:30 (práctica do segundo turno)
Número de prazas:40 (20 persoas en cada turno)
Custe curso:65 €
Prazo de inscrición:23 xaneiro
Máis información enhttp://www.autismogalicia.org/
info@autismogalicia.org
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) pon a disposición de toda a cidadanía unha serie de 20 novos cursos de formación a distancia gratuitos de diferentes temáticas relacionadas coas TIC (alfabetización dixital, capacitación dixital e innovación social), e que están aloxados na plataforma de teleformación EMA coa que conta a rede CeMIT.
Os cursos, dunhas 4-10 horas de duración cada un deles, van estar abertos e vanse a poder realizar libremente e en calquera momento, sen necesidade de realizar convocatorias previas ao non estar titorizados.
Unha vez seguido todo o material que conforman o/s curso/s activaraselle ao alumno a opción do exame, proba que terá que realizar obrigatoriamente de forma presencial nun aula CeMIT; unha vez superada a mesma e realizada a enquisa obrigatoria, poderá descargar un diploma de realización asinado dixitalmente, cuxa veracidade se poderá comprobar na sede electrónica da Xunta de Galicia.
A listaxe dos cursos dispoñibles é a seguinte:
Control parental
Seguridade informática
Uso do libro electrónico
Uso da tableta
Uso da cámara dixital
Uso dos dispositivos electrónicos
O correcto aproveitamento dos smartphone
Cloud computing
Comercio electrónico
Mercadotecnia e mercadotécnica nas redes
Vendas no muro
Posicionamiento social
Creación de blogs
Redes sociais
Administración Electrónica
Trámites económicos na Internet
Factura electrónica
Tramitación electrónica e xestión de documentación
Seguridade en compras virtuais
Innovación social
Máis información: Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica (CeMIT)
Teléfono: 981 957 136
oficinacemit@xunta.es
https://cemit.xunta.gal/