Outros cursos (205)

Desde CIMO, en colaboración con Rede Araña, presentan o Programa Hiperconectad@s, que pretende levar a cabo unha serie de seminarios En liña para a prevención e concienciación sobre o uso e abuso das novas tecnoloxías entre a mocidade, así como evitar condutas de xogo patolóxico online entre as/os adolescentes.

Obxectivos: Sensibilizar ás persoas mozas sobre a adicción ás novas tecnoloxías e o xogo..

A quen vai dirixido? Este proxecto vai destinado a mozos de entre 12 e 18 anos.

Contido do seminario (2 horas)
- As vantaxes e desvantaxes das novas tecnoloxías, así como a imaxe que se proxecta a través das redes sociais.
- Análise de patróns de comportamento e efectos que presenta unha persoa con adicción ás novas tecnoloxías, ao uso do móbil e ao xogo, co obxectivo de concienciar o recoñecemento dos devanditos patróns entre os seus iguais, e de que visibilicen as implicacións que iso pode ter no ámbito social e laboral.
- Facilitar os recursos existentes con entidades e administracións ás que poden acudir no caso de detectar problemas de uso das novas tecnoloxías e cos xogos

Máis información e preinscrición:
Teléfonos 988 391 515 e 665 761 939
programasgalicia@gmail.com

O programa de Lanzadeiras Conecta Emprego de Galicia comezará a funcionar en formato dixital por mor da pandemia e o Decreto de Alarma, o que implica que as súas actividades de formación e asesoramento desenvolveranse online co fin de ofrecer a máxima seguridade aos participantes.
O programa terá tres iniciativas concretas: a de Coruña, a de Arteixo e a de Santiago.
Comezarán a actividade a finais de mes coa idea de volver á metodoloxía presencial ao longo do verán.

Lanzadeiras Conecta Emprego é un programa de orientación laboral que ofrece dúas grandes actividades para que as persoas en desemprego poidan mellorar as competencias transversais e dixitais para a procura laboral: “Alfabetización Dixital” e “Lanzadeira Conecta Emprego”.

https://www.lanzaderasconectaempleo.es/#galicia 

 

Queremos aprender novos idiomas? Pois grazas a Internet podemos facelo de maneira sinxela e gratis. Aquí ensinámosvos catro páxinas web nas que podes aprender idiomas

Duolingo
Esta páxina permite aprender todo tipo de idiomas desde o computador e tamén a través das súas aplicacións en Android e iOS. Entre os seus idiomas poderemos aprender español, francés, alemán, inglés, portugués e italiano.

Busuu
Busuu é unha comunidade de usuarios na cal podes interactuar por medio dun chat, cousa que axuda a que a aprendizaxe sexa formal e moito máis frutífero para ti. Busuu cumpre cos catro cimentos principais para aprender o idioma que desexas: ler, escribir, escoitar e falar.

Memrise
Memrise posúe máis de 300 mil cursos e máis de 258 millóns de palabras que poderás aprender. O método que utiliza este sitio baséase nos cartóns memotécnicas, coas cales poderás lembrar conceptos e frases curtas para que poidas ir aprendendo máis rápido diferentes vocábulos.

Babbel
Babbel é unha plataforma que che ensinará ata 13 idiomas con leccións que poden durar ata 15 minutos para adaptarse á túa dispoñibilidade diaria. Babbel destaca por motivar a comunicación e diálogos fluídos para que cada usuario poida sentirse en confianza ao expresar as súas ideas no idioma que está a aprender.

Co obxectivo de manter a actividade formativa e divulgativa da cultura galega en todo o mundo durante a pandemia do coronavirus, a Secretaría Xeral da Emigración pon en marcha a Aula GaliciaAberta, catro seminarios en liña sobre distintas disciplinas relacionadas co patrimonio inmaterial de Galicia.

Os obradoiros son de carácter público e gratuíto, non precisan inscrición e están dirixidos a aquelas persoas que, malia non ter coñecementos previos, queiran achegarse a estas disciplinas.

Cada un dos catro cursos está conformado por dez sesións, que dan comezo do 27 ao 30 de abril e tamén se desenvolverán ao longo dos meses de maio e xuño. As consultas que o alumnado formule serán respondidas ao finalizar a retransmisión a través de Facebook Live.

 

bailegaitapercusionpercusion2

 

 

 

 

Baile galego

Gaita galega

Percusión de man e canto tradicional galego

Percusión tradicional

O Programa CERES está dirixido á formación de persoal formador en materia de sociedade da información para mulleres rurais.

O obxectivo fundamental dos talleres enmarcados dentro do Programa CERES é que as persoas participantes nos mesmos teñan os coñecementos teóricos e as habilidades metodolóxicas para capacitar en alfabetización dixital a mulleres rurais de diferentes ámbitos e sectores, desde unha metodoloxía participativa con enfoque de xénero.

Trátase dun taller online, cunha duración de 100 horas, que combina elementos relacionados coa metodoloxía participativa e elementos TIC, abordándoos desde un aspecto eminentemente práctico e cun enfoque de xénero.

O taller estrutúrase en 15 sesións: 2 sesións presenciais (ao comezo e ao final do mesmo), que poderán realizarse en modalidade física ou virtual e 13 sesións on-line.

Prazo: poden solictarse ata o 17 de maio de 2020

Máis información en https://programaceres.es/

Correo electrónico: info.programaceres@tragsa.es

Desde o Equipo LIBERA queren estar un pouco máis preto de ti estes días. Para iso achegan contido para seguir conectados a pesar da distancia.

Nesta formación, Marta Aguilar, especialista en publicidade e RRSS no Proxecto LIBERA, fará un repaso das principais redes, para coñecelas mellor e aprender como sacarlles máis partido.

https://www.youtube.com/watch?v=sHflU59PK3I&feature=youtu.be 

Femxa organiza cursos online, 100% subvencionados polo SEPE, que se iniciarán durante os próximos meses dirixidos á mocidade trabalaldora.
Trátase de formación subvencionada na súa totalidade, sen ningún custo para os mozos/as traballadores/as en réxime xeral e autónomos, con calquera tipo de contrato e xornada, interesados en realizala.

Algúns dos obxectivos destes cursos de formación, que non teñen ningún custo económico, son:
- Mellorar as competencias profesionais e itinerarios de emprego e formación.
- Mellorar a empregabilidade das traballadores con maiores dificultades.
- Acreditar as competencias adquiridas por formación.
- Promover a diminución da fenda dixital existente e garantir a accesibilidade ás tecnoloxías da información e comunicación.

Todos os cursos son especialidades do  SEPE e realízanse en modalidade  online.

OFERTA DE CURSOS

A inscrición dos cursos pódese realizar desde a seguinte páxina web:  https://www.cursosfemxa.es/cursosjuventud

A Unión de Cooperativas ESPAZO COOP ten aberta a súa oferta de cursos na modalidade de TELEFORMACIÓN para o mes de MARZO. Trátase de formación subvencionada, de carácter gratuíto, no marco da programación de actividades da Rede Eusumo para o ano 2020.

Esta programación está dirixida a :

  • Socias e socios de cooperativas.
  • Persoal asalariado de cooperativas.
  • Persoas socias e traballadoras doutras empresas de economía social.
  • Público interesado en xeral.

Para os cursos na modalidade de Teleformación deberá dispor dun ordeador con conexión a internet.

Modalidade Teleformación:

1- Xestión de Cooperativas de Traballo Asociado | Do 10 de Marzo ao 1 de Abril de 2020 | 40 horas. PROGRAMA DO CURSO

2- Ferramentas de Financiamento Ético e Alternativo | Do 10 de Marzo ao 1 de Abril de 2020 | 40 horas. PROGRAMA DO CURSO


Modalidade Teleformación Mixta:


3-Regulamento de Réxime Interno nas Cooperativas | Do 23 de Marzo ao 27 de Abril de 2020 | 40 horas | Con 2 sesións presenciais en Vigo. PROGRAMA DO CURSO

 

Máis información e Inscricións en ESPAZO-COOP/REDE-EUSUMO

ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
info@espazo.coop |  www.espazo.coop

A Federación Autismo Galicia, dentro do seu programa de formación para o ano 2020 convoca o curso: OBXECTIVOS E ESTRATEXIAS PARA TRABALLAR CON PERSOAS CON TRASTORNO DO ESPECTRO DO AUTISMO (TEA) SEN DISCAPACIDADE INTELECTUAL DURANTE A ADOLESCENCIA.

DESTINATARIOS: 

O curso está destinado principalmente a profesionais e familias das entidades asociadas á Federación Autismo Galicia, así como a outros profesionais do ámbito social e sanitario interesados nos TEA.


FORMULARIO DE INSCRICIÓN ata o 3 de marzo 2020

DATA DE CELEBRACIÓN: 28 de marzo 2020

MATRÍCULA:
Coste curso: 65€
Profesionais e familias entidades asociadas: 12€

HORARIO:
10.00 a 14.00 horas e de 15.30 a 18.30 horas

LUGAR
Santiago de Compostela. Centro Abanca Praza de Cervantes

NÚMERO DE PRAZAS
100 prazas
* As prazas outorganse por riguroso orden de inscrición. Teñen preferencia os profesionais e familias das entidades asociadas á Federación Autismo Galicia.

FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA www.autismogalicia.org - info@autismogalicia.org - Teléfono: 981 589 365