Novas e actividades (952)

A Biblioteca Anxel Casal de Santiago de Compostela proponvos un xogo para celebrar o día internacional da poesía. 

O xogo da poesía consiste en compoñer un poema con títulos de libros que teñades na casa e compartir unha foto cos lomos dos libros polas redes co cancelo #poetasnacasa

 

Atréveste?

Ante a aparición de bulos e documentos falsos polas redes sociais sobre o desenvolvemento da ABAU, a CiUG informa que a única información veraz oficial da CiUG é a que se publica na súa páxina web.

Soamente quedan suspendidos e interrompidos todos os prazos relativos ás probas de acceso á universidade para persoas maiores de 25 anos e ás probas de acceso á universidade para persoas maiores de 45 anos.

Os prazos da ABAU mantéñense.

https://ciug.gal/gal

ABAU 2020

Mar 09, 2020

A proba da avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU) estruturarase en dúas partes: parte obrigatoria e parte voluntaria.

A parte obrigatoria da proba versará sobre as materias xerais do bloque das materias troncais da modalidade elixida e sobre a materia de Lingua Galega e Literatura, todas elas correspondentes ao segundo curso de bacharelato:

abauobrigatoria


Parte voluntaria: O alumnado que queira mellorar a súa cualificación de admisión poderá examinarse dun máximo de catro materias, que elixirá entre as materias de opción do bloque de troncais de segundo curso de calquera modalidade e as materias xerais troncais específicas de modalidade distintas daquela da que se examinen na parte obrigatoria da proba. Así mesmo, os estudantes poderán examinarse dunha das opcións lingüísticas (Alemán, Francés, Inglés, Italiano ou Portugués) da Segunda Lingua Estranxeira II distinta da que cursasen como materia xeral do bloque de materias troncais.

abauvoluntaria

As probas correspondentes a estas materias teñen carácter voluntario e teñen por obxecto a avaliación nuns ámbitos disciplinares concretos relacionados cos estudos que se pretenden cursar e permiten mellorar a nota de admisión.

As probas:

- Farase unha proba por cada unha das materias obxecto de avaliación. Cada proba constará dun mínimo de 2 e un máximo de 15 preguntas.
- O exercicio de cada materia será único e determinado por sorteo público pola CiUG.
- Os exercicios adecuaranse ao currículo do bacharelato, e versarán sobre as materias do segundo curso.
- Os exercicios presentarán dúas opcións diferentes, entre as cales os e as estudantes deberán elixir unha.
- Para a realización dos exercicios, o alumnado poderá empregar, á súa elección, calquera das linguas oficiais de Galicia. Non obstante, os exercicios correspondentes a Lingua Castelá e Literatura II, Lingua Galega e Literatura II e Primeira e Segunda Lingua Estranxeira II deberán realizarse nos seus respectivos idiomas.
- Cada unha das probas da avaliación de bacharelato para o acceso á universidade terá unha duración de 90 minutos. Haberá un descanso entre probas consecutivas de, como mínimo, 30 minutos.
- A avaliación de bacharelato para o acceso á universidade terá unha duración de tres días.
- Preferentemente, as probas contextualizaranse en contornos próximos á vida do alumnado: situacións persoais, familiares, escolares e sociais, ademais de contornos científicos e humanísticos.
- Cada unha das probas conterá preguntas abertas e semiabertas que requirirán do alumnado capacidade de pensamento crítico, reflexión e madurez. Ademais destes tipos de preguntas, poderanse utilizar tamén preguntas de opción múltiple, sempre que en cada unha das probas a puntuación asignada ao total de preguntas abertas e semiabertas alcance, como mínimo, o 50 %:

1. De opción múltiple: preguntas cunha soa resposta correcta inequívoca e que non exixen construción por parte do alumno ou da alumna, xa que este/a se limitará a elixir unha de entre as opcións propostas.
2. Semiabertas: preguntas con resposta correcta inequívoca e que exixen construción por parte do alumno ou da alumna. Esta construción será breve, por exemplo un número que dea resposta a un problema matemático, ou unha palabra que complete unha frase ou dea resposta a unha cuestión sempre que non se facilite unha lista de posibles respostas.
3. Abertas: preguntas que exixen construción por parte do alumno ou da alumna e que non teñen unha soa resposta correcta inequívoca. Englóbanse neste tipo as producións escritas e as composicións plásticas.

Realizaranse dúas convocatorias da avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU), unha ordinaria e outra extraordinaria.

Datas:
Ordinaria: 9, 10 e 11 de xuño de 2020
Extraordinaria: 7, 8 e 9 de xullo de 2020

Exames (cursos pasados): https://ciug.gal/gal/abau/exames

Máis información:  https://ciug.gal/gal/abau

Nos centros @querote_mais de toda Galicia podes facer consultas por whatsapp no 647 018 752.
É un servizo anónimo e confidencial, atendido por un equipo de profesionais especializado: psicólogos/as; traballadores/as sociais e educadores/as sociais.

Sobre que temas? Dúbidas, curiosidades, dificultades que teñas sobre imaxe corporal e autoestima, sexualidade e afectividade, consumos, convivencia e uso das redes sociais.

Horario de atención ao público adaptado ao tempo e ocio xuvenil

http://xuventude.xunta.es/querote-mais

AX1

Emotiva dramatizacion protagonizada polo alumnado do IES Arcebispo Xelmírez I, AX1, de Santiago de Compostela para reflectir o sufrimento e a desesperación das vítimas da violencia machista: as mulleres, as súas familias e toda a sociedade.

 

https://www.youtube.com/watch?time_continue=14&v=17eTppIs_z0&feature=emb_logo

Molaríache poñer a proba a túa vea xornalística desde a túa propia casa? Pois podes participar en CaféBabel, a revista online feita por e para mozas e mozos en Europa. 

CaféBabel publica:
- artigos
- videoclips
- imaxes
- traducións de artigos.
 
Publícase en seis linguas: alemán, español, francés, inglés, italiano e polaco. Un equipo de xornalistas profesionais revisa e corrixe todo antes de publicalo.

Podes tratar temas sociais e políticos, cuestións de arte ou estilos de vida, ou falar do que é ser moza/o en Europa.

Interésache? Crea o teu perfil na web e únete a un dos 20 equipos rexionais.
Ou crea un novo equipo.
Conectándote ao teu perfil podes ver as actualizacións dos membros dun grupo que elixises ou un autor concreto.
Cando empeces a contribuír, poderás ver unha lista dos teus artigos, imaxes e demais material.

https://cafebabel.com/es/

https://www.instagram.com/cafebabelmagazine/

Cando penso que te fuches,rosalia sellier
negra sombra que me asombras,
ó pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.

Cando maxino que es ida,
no mesmo sol te me amostras,
i eres a estrela que brila,
i eres o vento que zoa.

Si cantan, es ti que cantas,
si choran, es ti que choras,
i es o marmurio do río
i es a noite i es a aurora.

En todo estás e ti es todo,
pra min i en min mesma moras,
nin me abandonarás nunca,
sombra que sempre me asombras.

 

Follas Novas, 1880

 

 

Risco 0

Feb 21, 2020

O Colexio de Médicos da Coruña pon en marcha a aplicación móbil Risco 0 para dispositivos Android

Dirixida a adolescentes, pais e docentes, para mellorar a información sobre métodos de anticoncepción, realizar prácticas sexuais seguras e evitar enfermidades de transmisión sexual.

#súmateaRiscoCero

https://www.riscocero.com/

Chega a quinta edición do Mallorca Live Festival!  carnexovemallorca

O festival celebrarase os días 14, 15 e 16 de maio de 2020, en  Calviá, Mallorca.

Se es titular do carné xove podes comprar o abono anticipado en liña con descontos do 20% e o 25%. Así, o abono de dous días (venres e sábado) custarache 60,50€ en lugar de 82,50€ e o abono de tres días (xoves, venres e sábado) custarache 77€ en lugar de 99€, gastos de xestión incluídos.

O desconto aplicarase exclusivamente sobre o prezo do abono na venda anticipada en liña, será válido nos abonos de dous días e tres días e por un único abono por titular do carné xove. Para poder acceder ao recinto do Mallorca Ao vivo Festival co abono carné xove será imprescindible presentar o DNI e o carné xove vixente.

Atoparás máis información na web do Mallorca Live Festival

O Punto de Información Xuvenil Vento Norte Sur de Murcia organiza viaxes solidarias e campamentos "viejoven" Semana Santa e verán 2020

1. MARROCOS: VIAXE SOLIDARIA AO DESERTO MARROQUÍ
 
2. MARROCOS: TREKKING VALLE DAS ROSAS SOLIDARIO
 
3. ESTANCIA SOLIDARIA SENEGAL NENOS TALIBÉS
 
4. INDIA: DESDE UNHA MIRADA RESPONSABLE
 
5. CAMPAMENTO "VIEJOVEN" TREKKING MENORCA - CAMÍ DE CAVALLS

Consultar descontos co carné xove.

Punto de información Xuvenil Viento Norte Sur
www.vientonortesur.org
Teléfono: 636 385 176