A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social, en colaboración co Concello de Outeiro de Rei, convoca o curso de formación “A miña marca persoal” de 60 horas de duración, coa finalidade formar o alumno en técnicas e métodos de creación da súa marca persoal e capacitar o alumnado para que coñeza cales son os seus elementos diferenciais e que cree a súa marca persoal diferenciada e positiva
Obxectivos:
Saber observar o noso contorno e saber o que demanda.
Coñecer as peculiaridades das plataformas sociais existentes para poder aproveitalas ao máximo nivel de creación de contido.
Aumentar a rede de contactos do alumno
Entender o concepto de marca persoal e avaliar as súas vantaxes
Axudar os alumnos a distinguirse dos demais con forza, nun contorno competitivo e cambiante
Posicionar o alumno como experto no seu campo de especialidade
Trazar a folla de ruta da creación da marca persoal
Creación da marca persoal do alumno
Destinatarios/as:
Mozos/as entre 16 e 35 anos, con preferencia os/as mozos/as empadroados/as no Concello de Outerio de Rei
Lugar de realización:
Aula de Informática do Concello de Outeiro de Rei
Centro Cultural, N-VI, s/n.
27150 Outeiro de Rei
Lugo
Datas de realización:
Os sábados dende o 24 de setembro ata o 17 de decembro de 2016.
Data de inicio: 24 de setembro de 2016
Data de finalización: 17 de decembro de 2016
Horario:
Sábados de 09:00 a 14:00 horas
Cobertura: a asistencia ao proxecto de formación é gratuíta.
Correrá a cargo do/a mozo/a os gastos de manutención e traslado ata o lugar de realización da actividade formativa.
Prazas: 20
Número mínimo para realizarse o curso: 10 mozos/as.
Prazo de inscrición:do 15 ao 22 de setembro de 2016
Inscrición: mediante envío de formulario electrónico dentro do prazo establecido. Só se admitirá unha solicitude por participante.
Os erros nos datos facilitados na solicitude de participación ou a omisión dalgún deles pode ocasionar a desestimación da solicitude.
Selección:
Os/as mozos/as participantes serán seleccionados/as por rigoroso orde de inscrición.
Os/as solicitantes seleccionados/as recibirán un correo electrónico de confirmación da praza.
Unha vez finalizado o prazo de inscrición, de non recibir comunicación antes do día 23 de setembro ás 15:00 horas entenderase que non obtivo praza.
Módulos formativos
Módulo 1.Que é a Marca Persoal (2 horas)
Módulo 2.A estratexia da Marca Persoal (3 horas)
Módulo 3. Correo electrónico. DNI dixital (2,5 horas)
Módulo 4. Introdución ás redes sociais (2,5 horas)
Módulo 5. Linkedin (5 horas)
Módulo 6. Twitter (2 horas)
Módulo 7. Facebook (3 horas)
Módulo 8. Blogs (5 horas)
Módulo 9. Youtube (5 horas)
Módulo 10. Ferramentas para xerar un contido atractivo (5 horas)
Módulo 11. Avaliación da presenza en Internet como fonte de ingresos ( 2,5 horas)
Módulo 12. Estratexia de xeración de contidos (5 horas)
Módulo 13. Posicionar con éxito a túa marca persoal (2,5 horas)
Módulo 14. Bosquexo da miña marca persoal (5 horas)
Módulo 15. A marca persoal como motor de oportunidades (5 horas)
Módulo 16. Presentación da miña marca persoal (5 horas)
Duración total da acción formativa (60 horas)
Para máis información:
subactividades-xuventude.ctb@xunta.gal
Teléfonos: 981 545 822 e 981 545 937
Procedemento BS326A.
1. Procédese á publicación da Resolución de perda do dereito da axuda para entidades locais no marco do programa Deseñando o teu futuro da Agrupación dos Concellos de Palas de Rei e Melide.
2. Prócédese á publicación da Segunda Resolución definitiva de entidades locais beneficiarias no marco do programa Deseñando o teu futuro.
No DOG do 31 de agosto publícase unha modificación das bases deGaleuropa 2016
ADirección Xeral de Mobilidadecrea unha tarxeta de transporte gratuita para xente nova, con idades comprendidas entre os 4 e os 18 anos de idade, incluídos.
Á xente nova aplicaráselle unha tarifa de 0 € nas viaxes metropolitanas interurbanas realizadas dentro do ámbito do Plan de transporte metropolitano de Galicia, cun número máximo de 60 viaxes mensuais por persoa usuaria.
Que é?
A Tarxeta Xente Nova é a tarxeta de transporte metropolitano de Galicia que permite realizar todas as viaxes interurbanas gratuítas.
Quen a pode utilizar?
Mozos de entre 4 e 18 anos, porque os menores de 4 anos xa viaxan gratis no transporte interurbano. Cando cumpras 19 poderás seguir usando a tarxeta ata que se esgote o saldo.
Como conseguila?
1. Solicita cita nesta páxina:http://solicitudonline.abanca.com/Tarjetas/gl/txn
2. Ao facilitar os datos que se solicitan xerarase unha cita na oficina Abanca máis próxima. Non é necesaria unha conta asociada.
3. Unha vez alí, só necesitan o teu DNI. A tarxeta é gratuíta. Lembra que, se aínda non cumpriches os 18 anos, deberá solicitala o teu representante legal, que, xunto co teu DNI, só terá que levar o seu DNI e o libro de familia ou documentos equivalentes.
4. A túa tarxeta xa está lista. Podes levala contigo e empezar a viaxar.
Máis información enhttp://tmg.xunta.gal/xente-nova-que-e e noteléfono 881 995 076
Correo electrónico:tmg@xunta.gal
Mediante o desenvolvemento deste programa, a REAJ, Rede Española de Albergues Xuvenís, pretende dar unha oportunidade de experimentar, vivir e colaborar nos albergues doutro pais co obxectivo de mellorar os seus coñecementos nun ambiente internacional.
Obxectivo principal do programa
Potenciar o desenvolvemento profesional dos mozos/as, facilitándolles así a súa formación nas distintas actividades que se realizan nas instalacións dos albergues.
Así mesmo, adquirirán un coñecemento intercultural durante a súa estancia no pais de acollida, impulsando a aprendizaxe de idiomas, o respecto por outras culturas e formas de vida, e a súa influencia nas distintas ramas profesionais.
A quen vai dirixido?
A mozos e mozas de 18 a 30 anos de calquera Comunidade Autónoma, que reúnan as seguintes características:
• Ter ganas de vivir unha experiencia internacional que mellorará o seu Cv.
• Posuír o carné de alberguista en vigor durante o desenvolvemento do programa.
• Ter un coñecemento fluído do idioma principal do pais de destino (nivel mínimo esixido de inglés: B1).
Como inscribirse?
Para realizar a correcta inscrición no programa de intercambios xuvenís internacionais, cómpre completar o formulario de inscrición.
Despois de completar oformulariotes que enviar por email avoluntariado@xunta.esa seguinte documentación:
• Fotocopia escaneadada do carné de alberguista en vigor.
• Certificado que acredite, como mínimo, un nivel B1 de inglés.
• Carta de motivación sobre a inscrición neste programa de intercambio en albergue (Opcional).
A organización reservase a potestade de solicitar máis información aos participantes, xa sexa para comprobar a súa veracidade ou para completar a información (Ex. Solicitude de títulos, diplomas...).
Se unha vez inscrito/a resultas seleccionado/a ademais deberás dispoñer da seguinte documentación:
•Carné de identidade ou pasaporte en vigor.
•Tarxeta sanitaria Europea.
• Así mesmo, os organizadores do programa recomendan dispoñer dun Seguro de viaxe que cubra as perdas de equipaxe, os atrasos, gastos médicos e a repatriación se fose necesario. (Isto é opcional)
Prazos de inscrición
Podes botar a túa solicitude en calquera momento do ano.
Destinos
Podes inscribirte en varios destinos, en varias datas dentro dun mesmo destino. Cóntanos no formulario as túas preferencias e tentaremos adaptarnos a elas. Canto máis flexible sexas, máis posibilidades terás de conseguir unha praza!
Destinos nacionais
Como novidade, ofrecemos a posibilidade de participar tamén en destinos dentro de España, nos que non é necesario contar co nivel mínimo de inglés esixido.
Proceso de selección de mozos/as participantes
A Rede Española de Albergues Xuvenís (REAJ) e a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta, elixirá os participantes entre todas as candidaturas recibidas pola web, tendo en conta os requisitos indicados anteriormente así como outro tipo de indicacións determinadas pola Asociación Nacional de destino ou os albergues. Os albergues de destino poderían realizar tamén entrevistas vía Skype.
Custos:
Custos sufragados polo albergue de destino: farase cargo da comida en pensión completa e aloxamento do participante durante toda a súa estancia.
Custos sufragados polo participante:
Farase cargo dos custos da viaxe e transporte durante a súa estancia no país de acollida, así como calquera outro gasto derivado da súa estancia (roupa, lecer, agasallos..). Con todo, estarán cubertos aqueles desprazamentos que sexan requiridos pola propia actividade do participante.
Duración:
A duración do programa será de entre 2 semanas a 3 meses por participante (a estancia media é dun mes).
Xornada:
A xornada será de 25-35 horas semanais de voluntariado nos albergues (5-7 horas diarias), durante as cales os mozos se familiarizarán coa xestión dos albergues xuvenís, a súa dinámica, funcións a desempeñar...
As horas de voluntariado distribuiranse en 5 días á semana, segundo as quendas establecidas pola asociación de acollida e librarán dous días consecutivos.
Avaliación do programa:
Todos os albergues de acollida comprométense a asignar a cada mozo voluntario un mentor que lle sirva como punto de contacto durante o programa e coopere na súa formación.
Ao final do programa de intercambio, os organizadores facilitarán aos seus voluntarios unha folla de avaliación a través da cal o mozo voluntario plasme as súas experiencias e permítanos mellorar o desenvolvemento e competencias do programa en futuras edicións.
Cada participante recibirá por parte dos organizadores un documento acreditativo da súa experiencia internacional nos albergues xuvenís.
Para máis información podes contactar coa REAJ para calquera dúbida ou suxestión que teñas por emailcontacto@reaj.comou por teléfono 91 308 46 75 / 91 319 70 67 (de luns a venres de 09:00 a 16:00)
http://www.voluntariadogalego.org/web/modulo.php?mod=ppr&idc=208
A confederación de empresarios da Coruña convocaViveiro de Talento 2016.
Viveiro de Talentoé un proxecto formativo de creación de emprego que nace co obxectivo de mellorar a empregabilidade de mozos e mozas sen traballo que estean a iniciar o seu proceso de procura activa de emprego por conta propia ou allea e, por tanto, queiran acceder ao mercado laboral.
Requisitos:
Para poder participar enViveiro de Talento 2016deberás ser menor de 30 anos e non estar a participar no sistema educativo nin de formación, ademais de estar inscrito noSistema Nacional de Garantía Xuvenil.
Ademais deberás asistir, previa inscrición, ás xornadas de difusión e rexistrarte no xogo onlineSkywards Trialscomo participante. Nestas xornadas previas, os participantes poderán asistir a talleres prácticos sobre emprendemento, entrevistas de traballo, estratexias para a procura activa de emprego na rede, deseño de plans de negocio, estratexias de emprendemento xuvenil...
Así mesmo, para entrar na fase de preselección do proxecto é importante que che rexistres no reto online Skywards Trials, onde participarás xunto con outros xogadores na carreira cara ao mercado laboral, demostrando as túas habilidades para a procura de emprego e para desenvolver e/ou xerar ideas empresariais innovadoras.
Máis información:https://talento.cec.es/ e na Confederación de empresarios da Coruña, teléfono 981 174 141.
A Secretaría de Estado de Servizos Sociais e Igualdade ven de conceder os Premios Estatais ao Voluntariado Social 2016.
Modalidad Individual:
Premio Estatal: Jaime Garralda Barretto.
Mención Honorífica: Araceli Cavero Pérez.
Modalidad Colectiva:
Premio Estatal: Fundación "Soñar Despierto".
Mención Honorífica: Asociación PATIM "Prevención, Asesoramiento, Tratamiento e Investigación en Marginación".
Máis información no BOE do 23 de agosto de 2016